Escudo das Illas Canarias
Escudo das Illas Canarias | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Illas Canarias |
Adoptado | 1982 |
Crista | Coroa real |
Escudo | Campo de azur con sete illas de prata |
Alicerce | Dous cans de presa canarios |
Divisa | Océano |
O escudo das Illas Canarias é un dos símbolos da comunidade, e é oficial dende 1982 grazas á lei orgánica 10/1982 sobre o "Estatuto de Autonomía das Canarias".
No sexto artigo deste estatuto disponse:
"Canarias ten escudo propio, cuxa descrición é a seguinte: en campo de azur trae sete illas de prata ben ordenadas, dúas, dúas, dúas e unha esta última en punta. Como timbre unha coroa real de ouro, surmontada dunha cinta de prata co lema «Océano» de sable e como soportes dous cans na súa cor encolarados".
Segundo o BOC, o azul do escudo é Pantone 3005 (RGB 7.104.169), o marrón dos cans Pantone 722 (RGB 216.143.31), o dourado da coroa Pantone 7406 (RGB 255.204.0), o vermello da coroa Pantone 485 (RGB 254.0.12) e a cor prata da cinta Pantone 7544 (RGB 145.143.144).
Polémica polos cans
[editar | editar a fonte]Existe unha recentes polémica[1] arredor da representación dos cans (can de presa canario) no escudo. Este feito motivou en parte a que o Goberno das Canarias suprimise os dous cans nos impresos oficiais e edificios públicos, se ben os mantivo no escudo das Canarias.[1]
Popularmente atribúese que o nome do arquipélago canario provén do can de presa canario,[1] e segundo unha lei do Goberno das Canarias vixente dende 1991, o can é o símbolo natural de Gran Canaria xunto co cardón.[2] Por esta razón, os detractores do escudo argumentan que só representan a illa de Gran Canaria e non o arquipélago na súa totalidade.
Tamén houbo unha moción para eliminar o colar de ámbolos dous animais, pois arguméntase (sobre todo dende eidos independentistas) que fai alusión á idea de que os colares teñen un significado de "submisión".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Canarias renuncia a los perros que escoltan su escudo oficial
- ↑ "BOC - 1991/061. Viernes 10 de mayo de 1991 - 577". www.gobcan.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 15 de abril de 2016.
- ↑ Perros sin collar y bandera sin estrellas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escudo das Illas Canarias |