Escudo de Costa do Marfil
Escudo de Costa do Marfil | |
---|---|
![]() | |
Detalles | |
Armiger | Costa do Marfil |
Adoptado | 1964 2011 |
Escudo | De sinople, cabeza de elefante de prata[1] |
Alicerce | Dúas palmeira de ouro |
Divisa | République de Côte d'Ivoire |
Versións anteriores | 1960, 2000 e 2001 |
Uso | Presidencia da República |
O escudo de Costa do Marfil, na súa versión actual, foi adoptado no ano 2011.[Cómpre referencia] Na parte central do escudo figura a cabeza dun elefante africano. Este animal é un símbolo destacado do país, é animal de maior tamaño que hai nas súas terras, ademais de ser fonte de marfil, recurso que deu nome a este lugar. Na parte superior do escudo está representado o sol nacente, o símbolo tradicional dun novo comezo. Como sustentadores do escudo figuran dúas palmeiras. Na parte inferior figura a denominación oficial do país en francés, "Republique de Cote d' Ivoire", escrita nunha fita.
Escudos históricos
[editar | editar a fonte]A cabeza de elefante é un sinal xa usado a partir da independencia, en 1960. Naqueles tempos o escudo era de azur, cunha cabeza de elefante de prata, timbrado co sol nacente e rodeado por unha serie de bandeiras nacionais, con dúas árbores estilizadas de ouro como soportes. En 1964 estas árbores esquemáticas foron substituídas por unhas palmas, tamén de ouro, e o campo pasou a ser de sinople. En 1997 volvéronse cambiar as cores, pero a composición básica continuou sendo a mesma.
Escudo | Período |
---|---|
![]() |
1960 – 1964 |
![]() |
1964 – 2000 |
![]() |
2000 – 2001 |
![]() |
2001 – 2011 |
![]() |
Actual |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Portail officiel du Gouvernement de Côte d'Ivoire (ed.). "Respect des sympoles de la République" (en francés). Consultado o 8 de abril de 2014.
[...] L’éléphant est toujours en argent sur les armoiries de la République de Côte d'Ivoire. [...] Le bouclier, qui est l’écusson, est vert ; les deux palmiers en or, le soleil levant en or ; le bandeau sur lequel est marqué République de Côte d’Ivoire est en or également, l’éléphant et le groupe de mot “République de Côte d’Ivoire’’ en argent, comme je l’ai dit tantôt [...]