Escudo de México
Escudo de México | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Detalles | |
Armiger | México |
Adoptado | 16 de setembro de 1968 (último versión, de Francisco Eppens Helguera) |
Escudo | Pousado nun chumbeira, unha aguia real mexicana comendo unha cobra |
Alicerce | carballo e follas de loureiro |
O escudo de México é o emblema que aparece na bandeira deste mesmo país. Representa unha aguia devorando unha serpe, que forma parte da lenda azteca da fundación do seu imperio.
É o escudo nacional de México debido a que o inicio do Imperio Azteca foi considerado o inicio de México cando este se independizou de España.
Está constituído por unha aguia mexicana, coa parte superior das ás en actitude de combate. A súa pata esquerda está pousada sobre un nopal florecido sobre un lago; e coa súa pata dereita e co pico sostén unha serpe. Dúas ramas, unha de aciñeira á fronte da aguia e outra de loureiro ó lado oposto, forman entrambas un semicírculo inferior que se une por medio dun listón dividido en tres franxas, coas cores da bandeira mexicana.
A aguia representa a forza cósmica do Sol, o nopal a paisaxe de México e a serpe o poder do país.