Esmagamento por elefante

O esmagamento por elefante foi un método de execución común para aqueles que eran condenados a morte no sur e sueste asiático, especialmente na India, durante case 4.000 anos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os elefantes eran empregados a fin de esmagar, desmembrar ou torturar aos cativos en execucións públicas. Este uso dos elefantes atraía o interese dos viaxeiros europeos, que cualificaban as escenas de arrepiantes, como quedou recollido en numerosos diarios contemporáneos e relatos de viaxes a Asia. A práctica foi finalmente suprimida polos colonizadores da rexión nos séculos XVIII e XIX.
As primeiras novas que nos chegan deste tipo de execucións proceden da antigüidade clásica. No entanto, a práctica xa daquela estaba firmemente estabelecida e continuou até o século XIX.
Os romanos e os cartaxineses tamén botaron man deste método en ocasións, e na Biblia menciónase (no Deuteronomio), na historia de Xosé e no Libro dos Macabeos ao falar acerca dos exipcios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esmagamento por elefante |