España Libre (Nova York)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: España Libre.
España Libre | |
---|---|
Fundación | 1939 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Nova York |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
España Libre, subtitulado Órgano de Sociedades Hispanas Confederadas de los Estados Unidos de América, foi un periódico que se editou en Nova York entre 1939 e 1977.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1939 editado polas Sociedades Hispanas Confederadas, antes Comité Antifascista Español. Denunciou a ditadura franquista, apoiaba aos refuxiados, aos prisioneiros políticos e a resistencia clandestina en España. No periódico divulgáronse os procesos xudiciais a líderes sindicais, as deportacións evitadas nos Estados Unidos de América, os refuxiados recolocados e os gastos sufragados grazas aos obreiros membros das sociedades confederadas. Primeiro foi semanal e despois pasou a bimensual. Tiña unha tirada de 1 500 a 6 000 exemplares.