Espantallo
Un espantallo é un dispositivo (normalmente un boneco) que se emprega para escorrentar paxaros tales como os corvos, as pegas e mailos pardais. No caso dos corvos, non soamente comen as sementes acabadas de sementar, senón que tamén se reúnen cada noite en grupos que comezan sendo de media ducia e aumentan até convertérense nunha enorme e ruidosa multitude. Teñen ademais o costume de volver ao mesmo lugar cada noite. De aí a utilidade do espantallo.
Historia
[editar | editar a fonte]A Household Cyclopedia (unha guía para o coidado do fogar) de 1881 fai a seguinte advertencia.
- Varias clases de maquinaria, como pequenos muíños de vento úsanse para escorrenta-los corvos; con todo, estes pronto rematan afacéndose a eles.
- O método máis efectivo de afastar a estes animais, polo menos segundo a nosa experiencia, é combinar o uso dun ou outro espantallo co uso frecuente do mosquete. Nada provoca tanto terror nestes animais como a vista dun cazador seguida da explosión de pólvora dunha arma, pois saben que son a miúdo fatais para a súa especie.
- Tal é o seu temor a seren cazados, que se un espantallo se coloca sobre un dique ou outro lugar destacado, durante moito tempo manterase afastado dos arredores. De todos os xeitos, moitas persoas consideran hoxe en día que os corvos son máis útiles que daniños, ao eliminar insectos e miñocas prexudiciais para o grao.
Os corvos poden ser un problema nos xardíns durante a primavera. Poden arrincar unha fileira de millo brotada hai pouco para comer as sementes restantes. Nos Apalaches meridionais outro método común de espantar un corvo consiste en poñer outro corvo morto pendurado dun poste.
Os espantallos modernos de cando en cando toman forma humana. Nas granxas de California un aluminio altamente reflexivo de película PET átase ás plantas para crear reflexos coas raiolas de sol. Outro sistema é o de ruidosas pistolas automáticas accionadas con gas propano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Espantallo artístico vermello en Venezuela
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espantallo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter Haining: Scarecrow Fact and Fable (1986)