Espazos protexidos de Portugal
As áreas protexidas de Portugal son as áreas protexidas deste país e cunha lexislación que regula a protección ambiental á que están suxeitas e actividades humanas permitidas nelas. O conxunto de espazos protexidos portugueses forman a Rede Nacional de Áreas Protexidas (RNAP), que en 2020 estaba composta por 32 áreas protexidas nacionais, 14 áreas rexionais ou local e un espazo privado.[1][2]
As áreas protexidas regúlaas o Decreto-Lei n.º 142/2008.[2][3]
Ademais, Portugal acóselle a proxectos internacionais como a Rede Natura 2000 europea, a convención de Ramsar, os xeositios e Reservas da biosfera da UNESCO.
Clasificación
[editar | editar a fonte]No 1993 o Decreto-Lei n.º 19/93 creou seis tipos de áreas protexidas.[4] Estas foron ampliadas polo Decreto-Lei n.º 142/2008, que creou ademais a 'Rede Nacional de Áreas Protegidas (RNAP).[3] Ese decreto regulou os espazos naturais creando figuras de ámbito estatal, rexional e local e privado. [3][2]
As categorías que considera a lexislación son:
- De ámbito nacional
- Parque nacional
- Parque natural
- Reserva natural
- Monumento natural
- Paisaxe protexida
- Lugares de interese biolóxico
- De ámbito rexional ou local:
- Parque natural rexional
- Reserva natural local
- Paisaxe protexida local
- Área protexida privada
Áreas protexidas de ámbito nacional
[editar | editar a fonte]Parque nacional
[editar | editar a fonte]Estas son areas pouco alteradas pola humanidade, con rexións naturais características, paisaxes naturais pouco humanizadas, lugares xeomorfolóxicos de interese ou hábitats de especies con interese de conservación, científico ou educativo. Son áreas do nivel II do sistema de clasificación da IUCN. A motivación é a conservación da integridade ecolóxica dos seus ecosistemas e evitar a súa degradación.[2]
Só existe un parque nacional en Portugal, que é o:
Parque nacional |
---|
Parque Nacional de Peneda-Gerês |
Parque natural
[editar | editar a fonte]Son áreas que se caracterizas por conter paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese nacional. Enténdense como exemplos de integración harmoniosa da actividade humana e da natureza e que conserva biomas ou rexións de interese.[2]
Existen 13 parques naturais de ámbito nacional:
Reserva natural
[editar | editar a fonte]
Son zonas limitadas onde se procura evitar calquera alteración dos ecosistemas tal que afecten ao seu estado. O territorio das reservas naturais destínanse, regulandoos, á protección e conservación da flora e fauna e os seus hábitats, así como as paisaxes.[2]
Paisaxe protexida
[editar | editar a fonte]Son áreas con paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas de interese tanto rexional como local, que son froito da interacción da sociedade coa natureza e que resultou en figuras de gran valor estético ou natural.[2]
Paisaxes protexidas |
---|
Paisaxe Protexida da Serra do Açor |
Paisaxe Protexida da Arriba Fóssil da Costa de Caparica |
Monumento natural
[editar | editar a fonte]Esta figura acolle a figuras ou espazos naturais que se caracterizan por ser singulares, raros ou representativos en termos ecolóxicos, estéticos, científicos ou culturais. Recoñecéselle a necesidade de ser conservados e mantidos na súa totalidade.[2]
Áreas protexidas de ámbito rexional ou local
[editar | editar a fonte]Outras áreas protexidas de ámbito rexional ou local definíronse polo decreto-lei 19/93 de 23 de xaneiro, como é o caso dalgunhas paisaxes protexidas; ou polo decreto-lei n.º 142/2008, de 24 de xullo, como os parques naturais, reservas naturais, algunhas paisaxes naturais e áreas protexidas de ámbito privado.[2]
Paisaxe protexida rexional
[editar | editar a fonte]Parque natural rexional
[editar | editar a fonte]Paisaxes naturais rexionais |
---|
Parque Natural Rexional do Vale do Tua |
Reserva natural local
[editar | editar a fonte]Reservas naturais locais |
---|
Reserva Natural Local do Paul de Tornada |
Reserva Natural Local do Estuario do Douro |
Paisaxe protexida local
[editar | editar a fonte]Área Protegida de âmbito privado
[editar | editar a fonte]Áreas protexidas privadas |
---|
Reserva da Faia Brava |
Localización
[editar | editar a fonte]As áreas protexidas de Portugal distribúense no territorio deste xeito:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Direçao geral do Território, República Portuguesa, eds. (6 de xullo 2018). PNPOT - Alteração: Diagnóstico (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 08 de marzo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 ICFN - Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas. "Rede Nacional de Áreas Protegidas". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ministério do Ambiente, do Ordenamento do Território e do Desenvolvimento Regional (2008-07-24). "Decreto-Lei n.º 142/2008". Diário da República. serie I (n.º 142/2008): 4596 – 4611.
- ↑ Ministério do Ambiente e Recursos Naturais (1993-01-23). República Portuguesa, eds. "Decreto-Lei n.º 19/93". Diário da República. Série I-A (n.º 19/1993): 271 – 277.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Definida polo Decreto-Lei de 23 de xaneiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espazos protexidos de Portugal ![]() |