Saltar ao contido

Espionaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espía francés capturado durante a guerra franco-prusiana

espionaxe é a práctica e o conxunto de técnicas asociados coa obtención de información confidencial.[1]

Técnicas de espionaxe

[editar | editar a fonte]

As técnicas comúns de espionaxe foron, historicamente, a infiltración, a corrupción e a chantaxe.

  • A infiltración consiste no uso dunha persoa, chamado a toupa, cuxo obxectivo básico é gañar a confianza de quen posúe a información.
  • suborno é a compra da información con diñeiro ou outros medios, aínda que tamén se usa a coerción para a súa obtención, unha técnica que se chama chantaxe xeralmente significa a obtención de información persoal sobre a vítima, que non quere que se faga pública.

Co desenvolvemento de novas tecnoloxías, apareceron técnicas que permiten obter información obxectiva tales como fotos, conversas etc. sen intervención humana. Así, hai unha industria deseñada para facilitar sofisticados medios tecnolóxicos, de satélites espía e microcámaras, tanto para espionaxe como para a protección da información. O 2013, un revelador americano, Edward Snowden, denunciou o software espía Prisma, desenvolvido por Estados Unidos para supervisar, controlar e analizar a nivel global, os datos persoais de todo o mundo, en colaboración cos xigantes da informática, tales como Google, Apple e Microsoft.

Espionaxe industrial

[editar | editar a fonte]

espionaxe industrial é a obtención ilícita de información relativa á investigación, o desenvolvemento e a fabricación de prototipos, por medio do cal as empresas buscan anticipar os seus competidores na colocación no mercado un novo produto.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espionaxe.