Espiral Maior
Espiral Maior | |||
---|---|---|---|
Tipo | editorial ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Miguel Anxo Fernán-Vello ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1991 ![]() | ||
Contacto | |||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Espiral Maior é unha editorial galega fundada no ano 1991 e dirixida dende entón polo poeta Miguel Anxo Fernán-Vello.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que abrangue tamén xéneros como a narrativa ou o teatro, a súa actividade principal é a edición de poesía, xénero do que leva editados máis de douscentos títulos. Dende a súa fundación, a editorial publica boa parte dos premios de poesía de concellos e asociacións galegas, contando tamén co seu propio certame, o Premio Espiral Maior de Poesía, convocado dende 1992 e aberto dende o ano 2006 a obras en idioma portugués. A colección principal de poesía caracterizouse por sufragar parte dos seus custos a través da subscrición. Os nomes dos subscritores figuran na última páxina de cada volume e reciben un exemplar numerado e autografado polo autor. Ademais da colección principal de poesía, a editorial tivo a colección "A Illa Verde", de prezos populares (hoxe extinta), e a colección "Opera Omnia", edicións moi coidadas dedicadas a acoller as obras completas de autores canónicos.