Esquemas comunicativos
Aparencia
A comunicación é o resultado da emisión dunha mensaxe codificada a un receptor que a interpreta. Os elementos participantes da comunicación comunmente aceptados son o emisor, receptor, mensaxe, código, canle, ruído, realidade referencial ou contexto. Así a todo, non é esta a única perspectiva para definirmos o acto de nos comunicarmos:
Esquema de Johnson
[editar | editar a fonte]
- Acontece un evento.
- O evento estimula un individuo "A".
- Prodúcense sensacións preverbais. Os impulsos nerviosos diríxense ó cerebro de "A".
- "A" traduce as sensacións en palabras.
- "A" selecciona palabras e ordénaas segundo as normas.
- Por medio dunha canle "A" entra en relación con "B".
- B recibe estímulos físicos provocados pola emisión de "A".
- No cerebro de B xéranse sensacións preverbais.
- B traduce as sensacións en palabras.
- Decodifícase e interprétase a mensaxe.
Esquema de Laswell
[editar | editar a fonte]
- ‘Quen’: O estudo deste elemento implica unha análise de control
- ‘Di o que’: Implica unha análise de contido.
- ‘En que canle’: Medios interpersoais ou de masa. Análise dos medios.
- ‘A quen’: Análise de audiencia.
- ‘Con que efectos’: Análise do impacto sobre a audiencia.
Esquema de Dobb
[editar | editar a fonte]
- Emisor ou comunicador.
- Obxectivo de comunicación.
- Medios básicos de comunicación (por ex. palabras e xestos usados polo emisor)
- Medios de extensión (gravación en cita, medio impreso,...): Canle
- Coordenadas espazo-temporais: Contexto
- Restricións. Condicións en que se inhibe ou censura a transmisión da comunicación (tabús, costumes, preconceptos, prohibicións, eufemismos, disfemismos,...)
- Comunicación: A mensaxe.
- Estado de espírito: Sentimentos e disposición para a resposta por parte da audiencia.
- Percepción por parte da audiencia da mensaxe.
- Reaccións da audiencia.
- Cambios: Efectos da comunicación inmediatos ou a longo prazo.
- Indicios informativos da reacción da audiencia ó comunicador
Esquema de Shannon e Weaver
[editar | editar a fonte]
- Unha fonte de información selecciona unha mensaxe.
- O emisor converte a mensaxe en sinal, de acordo cun código determinado.
- Eses sinais son transmitidos ó destinatario mediante unha canle adecuada.
- O receptor, descodifica os sinais recibidos para recuperar a mensaxe orixinal
- Ruído: Todo o que interfire na transmisión e dificulta na recepción da mensaxe.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |