Estación de Bioloxía Mariña de Inhaca
Estação de Biologia Marítima de Inhaca | |
---|---|
Museo da Facultade | |
Universidade: | Eduardo Mondlane |
Localización: | illa de Inhaca |
Campus: | Baía de Maputo |
Enderezo: | Ilha da Inhaca, Provincia de Maputo, Distrito Municipal KaNyaka |
Ano de fundación: | 1951 |
Decano: | Manuel Guilherme Junior (reitor da UEM) |
Docentes: | Agrupados no Conselho de Direcção e cinco (5) Secções |
Estudantes: | A EBMI conta cunha residencia para 52 persoas e dous espazos de campismo (Ilha dos Portugueses e Ponta Torres) |
Teléfono: | +258 84 38 99 467 |
Correo electrónico: | A través de formulario en http://www.ebmi.uem.mz/index.php/pt/contactos |
Páxina web: | http://www.ebmi.uem.mz/ |
A Estación de Bioloxía Mariña, ou polo seu nome en portugués Estação de Biologia Marítima de Inhaca, na illa de Inhaca, á entrada da baía de Maputo, no sur de Mozambique, é un centro de investigación da Universidade Eduardo Mondlane.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado en 1951 polo Instituto de Investigação Científica de Moçambique, para apoiar a investigación da Universidade de Witwatersrand en Suráfrica. [1]
Situación
[editar | editar a fonte]A illa da Inhaca forma parte da Reserva Mariña Parcial da Ponta do Ouro.[2] O complexo está situado preto dunha enseada na beira occidental da illa e está separado da praia por unha franxa de vexetación autóctona, só aberta en dous lugares para o acceso das persoas. Polo lado terrestre, a estación está protexida por unha duna duns 100 m de altura, sobre a cal está a casa do director da estación e un pequeno posto meteorolóxico.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A Estación está formada por un bloque con laboratorios, biblioteca e museo e outro con dous dormitorios separados por un conxunto de salas; as salas teñen capacidade para unhas 30 persoas cada unha e normalmente están ocupadas por estudantes de cada sexo, que se desprazan até alí para realizar traballos de campo. As aulas están reservadas para o profesorado.
Museu
[editar | editar a fonte]A Estación de Bioloxía Mariña, cuxo museo -que reflicte as actividades de investigación que alí se desenvolven- non só conta cunha enorme colección de organismos mariños, senón tamén de ecosistemas terrestres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estação de Biologia Marítima de Inhaca". Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Reserva Marinha Parcial da Ponta do Ouro-Plano de Maneio" (PDF). Consultado o 18 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Bioloxía Mariña de Inhaca |
A Galipedia ten un portal sobre: Mozambique |