Estación de El Puerto de Santa María
El Puerto de Santa María | |
---|---|
![]() Vías da estación | |
Situación | El Puerto de Santa María |
Coordenadas | 36°36′15″N 6°13′04″O / 36.604055555556, -6.2178055555556 |
Servizos | ![]() ![]() ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria, Trenhotel |
Media distancia | A-1 |
Cercanías | ![]() |
Intermodalidade | |
![]() | M-121 |
Outros | Autobús urbano, Autobús interurbano e Taxi |
El Puerto de Santa María é unha estación de ferrocarril situada na cidade de El Puerto de Santa María (Cádiz), no exterior do centro histórico, próximo ao río Guadalete. A estación é de nova creación adaptada para o AVE.
Antiga estación da cidade
[editar | editar a fonte]
Esta estación atopábase anexa á actual e esta era das máis antigas de Andalucía, xa que o primeiro tramo de Ferrocarril en Andalucía foi o de Xerez da Fronteira con esta cidade e estaba situada onde está hoxe en día o túnel que leva ás Salinas de San José.
A antiga estación inaugurouse no ano 1876, ao principio realizábase traxectos cara a Sanlúcar de Barrameda, Chipiona ou Rota, a última viaxe que se realizo cara a estas cidades foi o 31 de decembro de 1984.
A distancia das viaxes que se realizaban ía aumentando, creáronse estacións en cidades veciñas como Puerto Real ou Cádiz.
A cidade aproveito a remodelación das vías e das propias estacións e decidiron crear unha estación máis na cidade situada en Valdelagrana.
Trens
[editar | editar a fonte]A estación ten servizo de Proximidades cunha frecuencia que oscila entre 15 e 60 min para estacións situadas entre esta estación. Os fins de semana e festivos só circula un tren por hora en toda a liña.
Os trens de Media Distancia que saen e chegan a esta estación son de tipo Andalucía Exprés, todos con destino Sevilla-Santa Justa excepto 1 ao día que ten como destino ou orixe Xaén.
orixe/destino | < | liña | > | destino/orixe |
---|---|---|---|---|
Cádiz | Valdelagrana | ![]() |
Xerez da Fronteira | |
Cádiz | Puerto Real | A-1 | Xerez da Fronteira | Sevilla-Santa Justa |
Cádiz | San Fernando-Bahía Sur | ![]() |
Xerez da Fronteira | Xaén |
Tren | < destino | destino > | observacións |
---|---|---|---|
Alvia | Cádiz | Madrid-Puerta de Atocha | 2 trens diarios |
Trenhotel Antonio Machado | Cádiz | Barcelona-Sants | vía Zaragoza |
A liña de alta velocidade Sevilla-Cádiz atópase en proceso de construción. Esta liña será de largo ibérico con travesa polivalente, unha vez as obras conclúan esta estación poderá acoller este tipo de servizo.

![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de El Puerto de Santa María ![]() |