Estación de Madrid-Atocha Cercanías
Madrid-Atocha Cercanías | |
---|---|
![]() ![]() | |
Situación | Madrid |
Coordenadas | 40°24′21″N 3°41′20″O / 40.40596, -3.68876 |
Servizos | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria, Talgo |
Media distancia | MD, Rexional |
Cercanías | Cercanías Madrid |
Na rede | |
Información |
Madrid-Atocha Cercanías é unha estación ferroviaria de Adif situada no complexo ferroviario de Atocha, na cidade de Madrid. Concentra os servizos de proximidades, media distancia e os de longa distancia que continúan ata Chamartín. O resto de trens que paran en Atocha fano na estación de Madrid-Puerta de Atocha.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación, que se atopa a 618,18 metros de altitude, forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de ancho ibérico Madrid-Valencia, punto quilométrico 0,0.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Chamartín, punto quilométrico 0,0.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Pinar de las Rozas, punto quilométrico 7,5.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Móstoles-Parla, punto quilométrico 0,0.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Atocha-San Fernando de Henares, punto quilométrico 0,0.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Entrevías, punto quilométrico 0,0.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Atocha-Santa Catalina, punto quilométrico 0,0.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación de Atocha-Cercanías xurdiu da remodelación completa da estación de Atocha, realizada entre 1985 e 1992. Na operación, a estación orixinal de Madrid-Atocha foi substituída nas súas funcións por dúas novas estacións: Madrid-Puerta de Atocha, destinada a recibir as liñas de alta velocidade e os trens que finalizan na estación; e Atocha-Cercanías, destinada aos trens pasantes que se encamiñan cara aos Túneles da Risa. Esta estación vén substituír ao primitivo apeadoiro semienterrado que se situaba xunto á vella estación e que servía de extremo sur do túnel. Nesta reforma tamén se aproveitou para reordenar todo o deseño da rede ferroviaria ao redor de Madrid, así como para mellorar a rede de proximidade. En todo este conxunto de accións hai que incluír diversas actuacións máis ou menos coetáneas no tempo como son o Corredor Verde Ferroviario que permitirá unir Príncipe Pío con Atocha-Cercanías así como o novo túnel ferroviario desde Aluche ata Atocha-Cercanías por Embajadores para integrar o servizo de proximidade a Alcorcón e Móstoles co resto do núcleo. Desta forma Atocha-Cercanías convértese no nodo principal do núcleo de Proximidades Madrid, sendo estación de paso de todas as liñas da rede (salvo a C-9).
Nun futuro traballarase na ampliación da estación, coa inclusión de dúas novas vías e unha plataforma.
Desde o 31 de decembro de 2004 o organismo Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Atentado de 2004
[editar | editar a fonte]Na mañá do 11 de marzo de 2004 un tren de proximidade foi atacado na vía 2 desta estación durante os coñecidos como atentados do 11-M. Por mor das tres estoures detonadas nese tren, 34 persoas faleceron na estación. Ademais, un segundo tren foi tamén atacado a uns 700 metros desta estación, á altura da rúa de Téllez, falecendo 64 persoas máis.
Incidente do 25 de setembro de 2012
[editar | editar a fonte]O 25 de setembro de 2012, despois da manifestación dese día, varios axentes do equipo antidisturbios e vixiantes internos da estación metéronse nas plataformas, infundindo pánico e terror mentres disparaban salva e agredían indiscriminadamente tanto a manifestantes que asaltaran anteriormente o congreso como a usuarios que simplemente esperaban os seus trens nas plataformas da estación.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Utilizan a estación os trens que parten de Madrid cara o sur en ancho ibérico. Teñen a súa orixe ou destino en Madrid-Chamartín, realizando parada en Atocha Cercanías:
- Intercity Madrid-Chamartín • Madrid-Atocha Cercanías • Alcázar de San Juan • Linares-Baeza • Jódar-Úbeda • Cabra del Santo Cristo-Alicún • Moreda • Guadix • Fiñana • Gádor • Huércal-Viator • Almería
- Alvia Madrid-Chamartín • Madrid-Atocha Cercanías • Leganés • Torrijos • Talavera de la Reina • Oropesa de Toledo • Navalmoral de la Mata • Monfragüe • Cáceres • Mérida • Montijo • Badaxoz
Media Distancia
[editar | editar a fonte]Utilizan a estación os trenes de Media Distancia que parten en ancho ibérico cara o sur. A cabeceira dalgúns trens, anteriormente, foi trasladada temporalmente á estación de Villaverde Bajo debido á falta de capacidade da estación.
- Liña 51 (R-1): Madrid-Atocha - Ávila
- Liña 52 (R-10): Madrid-Atocha - Talavera de la Reina - Plasencia - Cáceres - Mérida - Badaxoz
- Liña 53 (R-2): Madrid-Atocha - Segovia
- Liña 57 (R-7): Madrid-Chamartín - Alcázar de San Juan - Albacete-Los Llanos
- Liña 58 (R-8): Madrid-Chamartín - Alcázar de San Juan - Xaén
Proximidades
[editar | editar a fonte]Na estación conflúen todas as liñas de Proximidades Madrid, a excepción da liña C-9.
procedencia/destino | < estación | Liña | estación > | destino/procedencia |
---|---|---|---|---|
Chamartín | Recoletos | ![]() |
Asamblea de Madrid-Entrevías | Guadalaxara |
Sol | ![]() |
Villaverde Bajo | Aranjuez | |
Alcobendas-San Sebastián de los Reyes | ![]() |
Parla | ||
Colmenar Viejo | ||||
Móstoles-El Soto | Embajadores | ![]() |
Méndez Álvaro | Fuenlabrada / Humanes |
Príncipe Pío | Recoletos | ![]() |
Asamblea de Madrid-Entrevías | Alcalá de Henares |
Cercedilla | ![]() |
Guadalaxara | ||
Santa María de la Alameda-Peguerinos | ||||
El Escorial | ||||
Chamartín | ![]() |
Méndez Álvaro | Villalba |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Red ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-10-18. Consultado o 2019-12-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Madrid-Atocha Cercanías ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na web de Adif Arquivado 01 de xullo de 2016 en Wayback Machine.