Estación de Ronda
Aparencia
Ronda | |
---|---|
Fachada da estación | |
Situación | Ronda (Málaga) |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria |
Media distancia | A-5 |
Intermodalidade | |
Outros | Autobús urbano e interurbano |
Ronda é unha estación de ferrocarril Adif situada na cidade de Ronda (Málaga). Nela chegan e parten trens con destino a Alxeciras, Málaga, Granada, Córdoba e Madrid.
Atópase ao norte da cidade, lindando cos centros comerciais.
Trens
[editar | editar a fonte]O servizo realízase tres veces ao día en ambos os sentidos, nos trens Andalucía Exprés. Tamén hai un tren diario de Ronda a Alxeciras pola mañá, e outro de Alxeciras a Ronda pola tarde.
Ademais, hai un tren diario a Málaga, á primeira hora da mañá. Este tren regresa de Málaga pola tarde.
orixe | < | servizo | > | destino |
---|---|---|---|---|
Alxeciras | Arriate | A-5 | Setenil | Granada Málaga-María Zambrano |
O servizo Altaria realízase dúas veces ao día en ambos os sentidos, sendo Ronda unha das súas paradas.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | observacións |
---|---|---|---|---|
Altaria | Madrid-Puerta de Atocha | Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba Central · Antequera-Santa Ana · Ronda | Alxeciras | 2 trens diarios |