Estación de Torre Baró-Vallbona
Torre Baró - Vallbona | |
---|---|
Estación de metro | |
Situación | Barcelona |
Servizos | |
Liñas | |
Media distancia | |
Cercanías | |
Intermodalidade | |
Metro | |
Bus | 51, 62, 76, 83, 96, 97, 104, 159, 115, N3 (Nitbus) |
Torre Baró | Vallbona ou Torre del Baró é un intercambiador de metro e ferrocarril da cidade de Barcelona, situado nos barrios de Ciutat Meridiana e Torre Baró, no distrito de Nou Barris, e que tamén dá servizo ao barrio de Vallbona. Torre Baró | Vallbona é unha das cinco estacións da liña automática L11 do metro de Barcelona e a estación de Torre del Baró é propiedade de Adif e atópase na liña que une a capital con Manresa. Por ela circulan trens das liñas R3, R4 e R7 de Rodalies de Catalunya e a liña R12 de Media Distancia.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación da liña de Manresa foi construída durante a década de 1970 aínda que a vía férrea na que se atopa abriuse en 1862 cando se inaugurou a liña directa entre Montcada e a Estación do Norte de Barcelona. Antes, dende 1855, os trens tiñan que enlazar coa liña de Xirona para chegar á Estación de França de Barcelona.[1]
En 2003 inaugurouse a estación de metro coa chegada da L11, unha liña de metro lixeiro que se automatizou a finais de 2009 despois de instalar tabiques e cobertura na estación.[2]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Estación de metro
[editar | editar a fonte]Orixe/destino | << | Liña | >> | Destino/orixe |
---|---|---|---|---|
Trinitat Nova | Casa de l'Aigua | Ciutat Meridiana | Can Cuiàs |
Estación de Adif
[editar | editar a fonte]Orixe/destino | << | Liña | >> | Destino/orixe |
---|---|---|---|---|
Rodalies de Catalunya de Renfe | ||||
L'Hospitalet de Llobregat | Sant Andreu Arenal | Montcada Bifurcació | Granollers-Canovelles La Garriga Vic Ripoll / Ribes de Freser / La Tor de Querol | |
Sant Vicenç de Calders Vilafranca del Penedès Martorell |
Terrassa Manresa | |||
Sant Andreu Arenal | Cerdanyola-Universitat | |||
Media Distancia | ||||
L'Hospitalet de Llobregat | Barcelona-Sant Andreu Arenal | Montcada Bifurcació | Lleida Pirineus |
Accesos
[editar | editar a fonte]- Av. de l'Escolapi Càncer (L11)
- Rúa Sant Feliu de Codines (L11)
- Av. Vallbona (Adif)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Conegueu la línia R4" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2010.
- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Afectacions en el servei de metro a l'L5, l'L2 i l'L11 aquest estiu". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2010.