Estación de Valença
Aparencia
Valença | |
---|---|
![]() Estación de Valença en 1970 | |
Situación | Valença |
Servizos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Ramal Internacional de Valença, Linha do Minho |
A Estación de Valença é unha parada de ferrocarril da vila de Valença, no norte de Portugal.
Características
[editar | editar a fonte]Sitúase xunto ao Largo da Estación. En 2010 tiña 3 vías de circulación, con 397, 365 e 248 metros de servizo; as plataformas teñen 154, 141 e 99 metros de extensión. A parada dá servizo aos ferrocarrís rexionais, internacionais (Tren Internacional Porto-Vigo) e interrexionais da operadora Comboios de Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]O enlace ferroviario á estación de Valença naceu en 1882. Até finais da década de 1980 acollía un servizo internacional mixto de RENFE, con clasificación de omnibus, entre as localidades de Guillarei, e Valença, pasando por Tui.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MARTINS, João Paulo, BRION, Madalena, SOUSA, Miguel de, LEVY, Maurício e AMORIM, Óscar: O Caminho de Ferro Revisitado. O Caminho de Ferro em Portugal de 1856 a 1996. Caminhos de Ferro Portugueses, 1996.