Saltar ao contido

Estadio Cerro del Espino

Estadio Cerro del Espino
Datos
Coordenadas40°27′27″N 3°51′37″O / 40.457558333333, -3.8602861111111
LocalizaciónMajadahonda, Madrid Comunidade de Madrid
España
Construción
Inauguración13 de setembro de 1995
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións101,15x60
Capacidade3.376
PropietarioConcello de Olot
LocalíaRayo Majadahonda
Atlético de Madrid B
Atlético de Madrid Femenino
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Cerro del Espino é un estadio de fútbol que forma parte da cidade deportiva do Atlético de Madrid, situada en Majadahonda, na Comunidade de Madrid.

Nel xogan os seus partidos como locais o Rayo Majadahonda, o Atlético de Madrid B e o Atlético de Madrid Femenino. Tamén é usado polo primeiro equipo masculino do Atlético de Madrid nos seus adestramentos.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 13 de setembro de 1995 cun partido amigable entre o Rayo Majadahonda e o Atlético de Madrid que terminou con vitoria colchonera por 0-1. Ten unha capacidade de 3.376 localidades repartidas en tres bancadas separadas, de cores vermello e branco. A principal é a bancada de Preferencia, a única que conta con localidades cubertas, na que se atopan o palco e a zona reservada para a prensa escrita. Ten unha capacidade de 725 espectadores. Diante sitúase a bancada Lateral con 884 localidades, e por último, a bancada de Fondo, onde caben 1.767 espectadores.

Sufriu a súa primeira gran remodelación durante a tempada 1997-98, cando o Atlético de Madrid B comezou a xogar os seus partidos como local neste estadio e tiveron que realizarse algunhas obras para acondicionar o estadio ás exixencias da Liga de Fútbol Profesional. Conta con vestidores, cabinas de radio, sala de prensa, cabina de televisión e cafetería.

En 2018 tivo que ser remodelado novamente con motivo do ascenso do Rayo Majadahonda a Segunda División. O Atlético de Madrid cedeu ao Rayo o seu estadio, o Metropolitano, para disputar os primeiros partidos da tempada 2018-19 e evitar así o descenso de categoría por non cumprir o estadio Cerro del Espino os requisitos necesarios.

Pódese chegar en transporte público, coas liñas de autobús interurbano 561, 561A, 561B, 653, 654 e a liña urbana 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]