Estadio Escribano Castilla
Aparencia
Estadio Escribano Castilla | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 36°45′16″N 3°30′46″O / 36.75444167, -3.51277778 |
Localización | Motril, Granada , España |
Construción | |
Inauguración | 1980 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 100 x 62,5 |
Capacidade | 5.400 |
Propietario | Concello de Motril |
Localía | Motril Club de Fútbol |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Escribano Castilla é un estadio de fútbol da cidade de Motril, na provincia de Granada, España, onde xoga os seus partidos como local o Motril Club de Fútbol.
O estadio é de propiedade municipal e debe o seu nome ao que foi alcalde de Motril, Juan Antonio Escribano Castilla (1918-2005). O nome, que durante uns anos foi retirado da entrada do estadio que recibiu o nome de Estadio Municipal de Motril, foi ratificado en pleno municipal durante o mandato de Pedro Álvarez (PSOE) como alcalde da cidade.