Estadio George Capwell
Estadio George Lewis Capwell | |
---|---|
![]() Estadio George Capwell | |
Datos | |
Coordenadas | 2°12′24″S 79°53′38″O / -2.206603, -79.893758 |
Localización | Guayaquil, Ecuador |
Construción | |
Inauguración | 1945 |
Renovación | 1991 |
Arquitecto | Ricardo Mórtola |
Custo | 17'4 millóns $ |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 30.016 |
Propietario | Club Sport Emelec |
Operadora | Club Sport Emelec |
Localía | Club Sport Emelec |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio George Lewis Capwell é un estadio de fútbol situado na cidade de Guayaquil, en Ecuador, propiedade do Club Sport Emelec, que xoga nel os seus encontros como local da Liga ecuatoriana. O estadio foi construído entre 1943 e 1945, e inaugurado o 21 de outubro de 1945, converténdose no primeiro estadio de Ecuador en ser propiedade dun club deportivo. No momento da súa inauguración collían 11.000 persoas nas bancadas. Actualmente teñen capacidade para acoller a 30.016 espectadores.
O nome do estadio é unha homenaxe ó fundador do club, un estadounidense que chegou a Ecuador coa misión de construír unha central eléctrica en Guayaquil, e que quixo crear un club deportivo para os empregados da empresa. Esa empresa, chamada Empresa Eléctrica de Ecuador, da nome ó club (Em-El-Ec).
O recinto foi construído coa idea de que nel se practicase o béisbol, pero a popularidade crecente do fútbol entre empregados e espectadores fixo que finalmente se dedicase só á esta practica deportiva.
A Copa América do ano 1947 disputouse integramente neste estadio. Non obstante, a posterior construción na cidade do Estadio Modelo fixo que o Estadio George Capwell caese en desuso, ata tal punto que a finais dos anos 70 era un estadio en ruínas, e estivo a piques de ser vendido varias veces. Foi a finais dos anos 80 cando se tomou a decisión de reconstruílo. A reinauguración tivo lugar o 26 de maio de 1991, cunha capacidade para mais de 21.000 persoas, e dende entón é un dos estadios de referencia no país. En 1993 acolleu dous encontros da Copa América. Certas remodelacións posteriores ampliaron a súa capacidade ata as 30.016 persoas, e existen plans para facer unha nova ampliación en 2012 ata as 40.275.