Saltar ao contido

Estadio José Rico Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Rico Pérez
Estadio José Rico Pérez, Hércules-Elche, 13 de xaneiro de 2008
Datos
Coordenadas38°21′26″N 0°29′33″O / 38.357222, -0.4925
LocalizaciónAlacant, España
Construción
Inauguración3 de agosto de 1974
ArquitectoFrancisco Muñoz Llorens
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade30.000
PropietarioHércules CF[1]
OperadoraHércules CF
LocalíaHércules CF
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O estadio José Rico Pérez é un estadio de fútbol, propiedade do Hércules Club de Fútbol. Foi inaugurado o 3 de agosto de 1974, e o seu nome débese ao expresidente herculano José Rico Pérez. Posúe unha capacidade de aproximadamente 30.000 espectadores, e está situado na rúa Foguerer José Romeu Zarandieta, no barrio Polígono San Blas, na cidade de Alacant, España.

O seu propietario foi o Hércules CF desde a súa inauguración, ata que en 1994 pasou a mans do concello de Alacant. En maio de 2007, tras 13 anos de propiedade municipal, o Hércules recomprou o seu estadio.[1]

O estadio inaugurouse o 3 de agosto de 1974, cun partido amigable entre o Hércules e o FC Barcelona, que acabou cun 0-4.

O Rico Pérez viviu dúas fases moi claras: na primeira (1974-1986) viviuse a idade de ouro do Hércules, eses oito anos consecutivos en 1ª División, o Mundial do 1982 coa presenza da selección arxentina, campioa da edición anterior, e sede do 3º e 4º posto entre Francia e Polonia e, tras o descenso a 2ª, o ascenso a 1ª en 1984 ante o Castelló (2-0).

En 2001 o Alicante Club de Fútbol ascendeu a Segunda B tras máis de 40 anos. O club solicitou unha axuda ó concello de Alacant para renovar o seu estadio. En caso de non conseguir o diñeiro, solicitou como alternativa o uso compartido do Rico Pérez. O alcalde optou pola segunda opción. Desde entón o estadio é compartido. Pero o 11 de maio de 2007 o estadio volveu a mans do Hércules. Ademais subscribiuse unha cláusula no contrato de recompra por parte do Hércules que especificaba como data máxima para o seu uso por parte do Alicante o ano 2012. O 3 de agosto de 2010, o Alicante CF anunciou a súa saída do Rico Perez e o seu retorno ao Camp Municipal Villafranqueza para a tempada 2010/11.