Saltar ao contido

Estadio La Rosaleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Rosaleda

Tipoestadio Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 36°44′03″N 4°25′35″O / 36.73409, -4.42642
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga
ConcelloMálaga
District of Málaga (en) TraducirPalma-Palmilla (District 5) (en) Traducir
BarrioLa Rosaleda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMálaga, España
Datas
Fundación15 de setembro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1941
Reinauguración: 14 de setembro de 2006
Acontecementos
Mundial de Fútbol España 1982 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade30.044
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aConcello de Málaga, Deputación de Málaga, Xunta de Andalucía
Arquitecto/aJosé Seguí
Operador/aMálaga Club de Fútbol Editar o valor en Wikidata
OcupanteMálaga Club de Fútbol e Málaga CF Femenino Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaMálaga CF
Wikidata ]

La Rosaleda é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Málaga (España). É sede do Málaga Club de Fútbol de Primeira División.

Anteriormente foi sede do Club Deportivo Málaga, do cal o Málaga CF é herdeiro. O filial malaguista tamén o utilizou como terreo de xogo habitual durante o seu período en Segunda. O Trofeo Costa do Sol de fútbol, organizado anualmente polo Málaga Club de Fútbol xunto co Concello de Málaga, celébrase neste estadio. A súa capacidade é de 30.044 espectadores, situándoo no cuarto posto entre os estadios de Andalucía.

Este campo de fútbol substituíu o histórico campo malagueño dos Baños del Carmen. Ao alagarse este, La Rosaleda viuse obrigada a ser utilizada por primeira vez o 13 de abril de 1941 cun partido oficial entre o CD Malacitano e a AD Ferroviaria de Madrid. No entanto, a inauguración oficial produciuse o 14 de setembro de 1941, cun partido amigable entre o CD Málaga e o Sevilla FC. Neste partido, o Málaga tamén estreaba nome, pois a súa denominación anterior era CD Malacitano.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]