Estadio Municipal Reino de León
Estadio Municipal Reino de León | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista exterior do estadio | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | León ![]() | |||
Localización | León, España | |||
Datas | ||||
Fundación | 20 de maio de 2001 ![]() | |||
Inauguración | 20 de maio de 2001 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 13.451 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Concello de León | |||
Ocupante | Cultural Leonesa ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Cultural Leonesa | |||
[ Wikidata ] |
O Estadio Municipal Reino de León (chamado ata 2008 Nuevo Estadio Antonio Amilivia) é un estadio de fútbol, situado na cidade de León, en España. O estadio é de propiedade municipal e o seu equipo titular é a Cultural y Deportiva Leonesa, que milita actualmente na Primeira División RFEF.
Inauguración
[editar | editar a fonte]O estadio foi inaugurado o 20 de maio de 2001, nun encontro da fase de ascenso a 2ª división entre a Cultural y Deportiva Leonesa e o Xerez Club Deportivo, sendo o resultado favorable aos leoneses por 1 a 0, sendo autor do gol o entón culturalista Ibán Espadas.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro campo no que xogou a Cultural Leonesa foi o vello estadio de La Puentecilla, que se atopaba no centro da cidade, xunto ao cruzamento da Avenida Fernández Ladreda coa Rolda Este. Cando a Cultural ascendeu á Primeira División do fútbol español, o estadio pasou a denominarse Estadio Antonio Amilivia, en agradecemento ao presidente que o equipo tiña nesa tempada de 1955-56.
Na década dos 90, o Concello de León, propietario do campo, tomou a decisión de derrubalo e construír un estadio noutro lugar, máis amplo, máis moderno e con maiores prestacións para os afeccionados. Para que a Cultural puidese ter un campo onde disputar os seus partidos como titular mentres se executaba a derriba e a construción do novo estadio, o Concello cedeu a Área Deportiva de Puente Castro, situada na localidade de Puente Castro, pertencente ao termo municipal da cidade. Nos terreos nos cales situábase o vello estadio erixíronse edificios de vivendas e oficinas.
Outros usos
[editar | editar a fonte]- O estadio foi ademais escenario de multitudinarios concertos de música coincidindo coas festas da cidade como o do grupo mexicano Maná ou a cantante colombiana Shakira.
- Nos baixos do estadio atópase o IFYCEL, Institución Feiral e Centro Empresarial de León, un consorcio constituído polo Concello de León, a Deputación, a Cámara Oficial de Comercio e Industria e Caja España. Neste recinto feiral tivo lugar, por exemplo, a feira Leer León na súa edición de 2007.
- Outras dependencias do estadio albergan a sede dos clubs deportivos, tanto masculinos como femininos, máis representativos da cidade, como o Baloncesto León, o Club Balonmano Ademar León, o Club Baloncesto San José, a Cultural y Deportiva Leonesa, o Club León Balonmano e Pasgon Play Rugby León, e dalgunhas federacións deportivas como a Federación Territorial de Castela e León de Loita - Federación de Loita Leonesa.