Estadio Municipal de Butarque
Municipal de Butarque | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Leganés, Madrid España | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Leganés ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 14 de febreiro de 1998 ![]() | |||
Inauguración | 14 de febreiro de 1998 (27 anos) | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 10.958 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Implicados | ||||
Propietario(s) | Concello de Leganés | |||
Operador(es) | Leganés ![]() | |||
Ocupante(s) | Club Deportivo Leganés ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Club Deportivo Leganés | |||
Eventos | ||||
| ||||
[ Wikidata ] |
O Estadio Municipal de Butarque é un estadio de fútbol situado na localidade de Leganés (Comunidade de Madrid). Neste campo o principal equipo da cidade, o Club Deportivo Leganés, disputa os seus encontros como local.
O nome do campo vén pola patroa da localidade, a nosa Señora de Butarque, e comezou a construírse entre 1997 e 1998 coa intención de substituír o antigo estadio, o Luís Rodríguez de Miguel, en cuxo terreo asentaríase posteriormente a Praza Maior de Leganés. O Estadio de Butarque foi inaugurado o 14 de febreiro de 1998 cun partido de Segunda División entre o Leganés e Xerez Club Deportivo.
Butarque pode albergar ata 10.958 espectadores, aínda que a entrada media no estadio oscila entre 5.000 e os 6.000 persoas dependendo do partido. Posúe unha tribuna cuberta para os espectadores, mentres que o resto (lateral e fondos) non teñen teito e están descubertas. No mesmo estadio atópanse as oficinas centrais do equipo e a tenda do club.
Nos terreos pertencentes ao estadio atópase tamén un campo de herba artificial, situado en fronte do campo principal, no que xoga os seus partidos o Leganés B e as divisións inferiores do equipo leganense. Ademais está proxectada a construción dunha residencia de xogadores e unha escola para a canteira.
Ademais de partidos de fútbol, o campo albergou edicións do Festimad e concertos musicais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do estadio (en inglés)