Estadio Nuevo Mirador
Aparencia
Estadio Nuevo Mirador | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 36°09′48″N 5°27′55″O / 36.16333333, -5.46527778 |
Localización | Alxeciras, Cádiz España |
Construción | |
Inauguración | 1999 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 7.500 |
Propietario | Concello de Alxeciras |
Operadora | Algeciras CF |
Localía | Algeciras Club de Fútbol |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Nuevo Mirador é un estadio de fútbol da cidade de Alxeciras (Cádiz), España, de propiedade municipal.
Nel xóganse os partidos o equipo da cidade, o Algeciras Club de Fútbol. O estadio con capacidade para 7.500 espectadores é un moderno complexo deportivo onde se atopan tamén as oficinas do club.
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio créase en substitución do antigo estadio, chamado Estadio El Mirador, situado na famosa "Cuesta del Rayo" alxecireña.
O Nuevo Mirador inaugurouse no ano 1999 no Polígono Industrial de La Menacha. Un equipo de Primeira División inaugurou o estadio fronte ao Algeciras CF: o Real Betis Balompié, sendo vencedor o equipo sevillano por 0-1, con gol de Benjamin Zarandona cun disparo desde o centro do campo.