Estela da Fame
Estela da Fame | |
Tipo | Inscrición |
Data | -332 - -31 |
Descuberta | |
Localización | Sehel, Exipto |
Descubridor/a | Charles Wilbour |
Data | 1889 |
A Estela da Fame é un texto de trinta e dúas columnas gravado na cara leste dunha das rochas superiores dun amoreamento rochoso no extremo sur da illa de Séhel (moi próxima a Asuán, no Alto Exipto). Descubriuna en 1889 Charles Wilbour e foi traducida por Brugsch (1891), Pleyte (1891), Morgan (1894), Sethe (1901), Barguet (1953) e Lichtheim (1973).[1][2][3]
O texto dátase no ano 18 do reinado de Zoser (Dinastía III), aínda que sen dúbida foi gravada en época moi posterior (seguramente en época tolemaica). Narra a preocupación do monarca pola fame que asolou o país ao non chegar as augas do Nilo ao nivel necesario para regar os campos. Diante disto, o faraón fixo chamar a Imhotep e preguntoulle polas causas de tal desgraza. Este aconselloulle suplicar o seu cesamento ao "Señor das Fontes do Nilo", o deus creador Khnum, pois el estaba molesto e non deixaba que río correse. De aí que se gravasen en tan afastado lugar.[4]
A estela trata os seguintes aspectos: descrición da fame, visita á biblioteca de Hermópolis, revelacións de Imhotep, o soño de Zoser e un decreto real. Entre as columnas situadas entre a 6 e a 22 fálase de métodos construtivos; da columna 11 a 18 Imhotep enumera diversas rochas e minerais da rexión de Elefantina, e da columna 18 á 20 descríbese o soño do rei.[4][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares 2006, p. 30.
- ↑ Vernus & Yoyotte 2003, p. 39.
- ↑ 3,0 3,1 Maria Thereza David João. "Estado e elites locais no Egito do final do IIIo milênio a.C." (PDF) (en portugués). Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Ares 2006, p. 31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ares, Nacho (2006). Egipto: Hechos y objetos inexplicables del Egipto faraónico (en castelán). Madrid: EDAF. ISBN 84-414-1095-X.
- Vernus, Pascal; Yoyotte, Jean (2003). Dizionario dei faraoni (en italiano). Roma: Arkeios. ISBN 88-86495-66-8.