Esther Kamatari
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1951 (73 anos) Gitega, Burundi |
Municipal councillor (en) Boulogne-Billancourt | |
2008 – | |
Actividade | |
Ocupación | escritora, modelo, política |
Outro | |
Título | Princesa |
Pai | Ignace Kamatari |
Irmáns | Prince Godefroid Kamatari |
Premios | |
|
Esther Kamatari, nada en Bujumbura[1] o 30 de novembro de 1951,[2] é unha escritora, modelo e princesa exiliada de Burundi.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Esther Kamatari medrou en Burundi como membro da familia real. Educouse no Ecole Nationale d'Administration du Burundi. Logo da independencia en 1962, o rei foi derrocado cun golpe de estado militar e a monarquía foi abolida en 1966. Kamatari abandonou o país en 1970 despois do asasinato do seu pai e estabeleceuse en París, onde se converteu en modelo. Un intento de restabelecer a monarquía rematou co asasinato de Ntare V en 1972.
A historia de Burundi logo da independencia estivo dominada polas tensións entre a maioría hutu e a minoría tutsi. A guerra civil da década de 1990, os conflitos cos países veciños e a difícil situación de milleiros de nenos vítimas de guerra levouna a involucrarse coa "Association of the People of Burundi" en Francia. En Burundi, é coñecida pola súa labor humanitaria.
Unha paz mediada por Suráfrica fixo posibles as eleccións en Burundi, e Esther Kamatari e o seu partido Abahuza, que quere dicir "unir a xente", concorreron pola restauración da monarquía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Esther casou cun francés chamado Gilles, doutor de profesión. Tiveron dous fillos, Jade e Arthur. Esther tiña unha filla, Frédérique, e un fillo, Wilson Lixon, dunha relación anterior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soszynski, Henry. "BURUNDI". members.iinet.net.au. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ Esther Kamatari et Marie Renault, Princesse des Rugo. Mon histoire, Bayard, París, 2001, p. 16.
- ↑ "HRH Princess Esther Kamatari of Burundi - Royalbridges.org". royalbridges.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018.