Esther Vivas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Esther Vivas i Esteve 18 de novembro de 1975 (49 anos) Sabadell, España |
Residencia | Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritora, política |
Participou en | |
marzo de 2019 | Manifesto por un novo internacionalismo dos pobos en Europa |
Sitio web | esthervivas.com |
Esther Vivas, nada en Sabadell en 1975, é unha activista catalá autora de diversos libros e publicacións sobre movementos sociais e consumo responsable. Tamén foi a cabeza de lista de Izquierda Anticapitalista nas eleccións europeas de 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou activamente no movemento antiglobalización e contra a guerra en Barcelona, así como en distintas edicións do Foro Social Mundial, o Foro Social Europeo e mais o Foro Social Catalán. Actualmente traballa en temas de soberanía alimentaria e comercio xusto. Forma parte de Esquerda Anticapitalista e de Revolta Global-Esquerra Anticapitalista en Cataluña. Foi a cabeza de lista de Esquerda Anticapitalista nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009.
É membro da redacción da revista Viento Sur e colabora habitualmente en medios de comunicación convencionais (Público) e alternativos.
Forma parte do Centro de Estudos sobre Movementos Sociais (CEMS) na Universidade Pompeu Fabra, colabora co Instituto de Goberno e Políticas Públicas (IGOP) na Universidade Autónoma de Barcelona. Traballa na Rede de Consumo Solidario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Esther Vivas: una activista con el espíritu de Seattle, en El Mundo en maio de 2009. (en castelán)