Esther de León Viloria
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1979 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filóloga ![]() |
![]() ![]() |
Esther de León Viloria, nada o 5 de xuño de 1979,[onde?] é unha filóloga e ensaísta castelá en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vive e traballa en Santiago de Compostela como bolseira do proxecto Informes de Literatura, realizado no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (xunto a Mar Fernández Vázquez). Forma parte do equipo de redacción dos Informes 2007, 2008 e 2009, e é membro da Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil e da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil. Colabora con El Correo Gallego, así como na revista galego-portuguesa Malasartes. Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño. Antoloxía e Itinerario de Lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia. Con Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig e María del Carmen Ferreira Boo.
- Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia. Con Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig e María del Carmen Ferreira Boo.
- Maré de livros, 2010, Deriva Editores (Porto). Con Blanca-Ana Roig e Isabel Mociño.