Estitxu Fernandez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1975 ![]() Lesaka, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bertsolari, xornalista ![]() |
Premios | |
| |
![]() |
Estitxu Fernandez Maritxalar, nada en Lesaka, o 2 de novembro de 1975 é unha psicóloga, bertsolari e presentadora de televisión navarra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É bisneta do bertsolari Saiburu e sobriña de Markos Maritxalar [1]. Na década de 1990 participou Campionato de Navarra de Bertsolari oito veces, e chegou á final en 1996, 1997 e 1998. En 1997 tamén participou no Campionato Maior de Bertsolaris.
Estudou psicoloxía e traballou algún como psicóloga. Porén en 1998 comezou a colaborar como presentadora da televisión local do norte de Navarra, Ttipi-Ttapa e a partir de 1999 coa ETB. En 2000 e 2001 presentou o programa de TV Su Festa en ETB 1; e en 2001 Sorginen laratza, canda Xabier Euzkitze e Klaudio Landa, e nese ano presentou tamén Bertatik Bertara en substitución de Andoni Aizpuru. En 2002 presentou Bexamela e en 2003 Bizizaleak. Despois pasou a presentar o programa matinal dos domingos dedicado ao deporte Kirolez Kirol e á sección de deportes do informativo Gaur egun. Na radio presentou en Euskadi Irratia o programa Tartaria . En 2006, 2007, 2008, 2010 presentou o programa natalicio Euskal Kantuen Gaua
Tras deixar a televisión publicou en 2013 o libro Gure erditzearen jabe, sobre o parto consciente[2], e pasou a exercer como psicóloga perinatal[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bertsolari aldizkaria 27. zenbakia, 1997
- ↑ "Gure erditzearen jabe". erein.eus.
- ↑ "Erditu osteko osasuna. Epizentrotik ertzera". Hik Hasi. 3 de abril de 2018.