Estreito de La Pérouse
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Sea_of_Japan_Map_en.png/220px-Sea_of_Japan_Map_en.png)
O Estreito de La Pérouse[Cómpre referencia] (en xaponés Estreito de Sōya 宗谷海峡) é un estreito que separa a parte sur da illa rusa de Sakhalin da parte norte da illa xaponesa de Hokkaido, unindo o Mar do Xapón a oeste, co Mar de Okhotsk a leste. Ten unha extensión de cerca de 40 km e unha profundidade entre os 20 e os 40 metros.
Este estreito foi bautizado co nome de Jean-François de La Pérouse, que explorou esta zona en 1787.