Saltar ao contido

Estreito de Sunda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEstreito de Sunda
(id) Selat Sunda
(jv) Selat Sundha
(bew) Selat Sunda
(su) Selat Sunda Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
Parte deMar de Xava Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLampung, Indonesia e Banten, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 5°58′13″S 105°46′11″L / -5.9703, 105.7697
Características
Profundidade20 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións100 (ancho) km
Historia
Cronoloxía
Battle of Sunda Strait (en) Traducir
1883 erupción do Krakatoa 1883
22 de decembro de 2018 Tsunâmi no estreito de Sunda em 2018 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vista do estreito de Sunda

O estreito de Sunda (en indonesio, Selat Sunda) é un estreito mariño que separa as illas indonesias de Xava e Sumatra. Conecta o mar de Xava co océano Índico.

O nome do estreito vén de Sunda, que significa o país dos Urang Sunda, o pobo que habita a parte occidental da illa de Xava. Sunda tamén deu o seu nome ás illas da Sonda, un nome que tradicionalmente se aplica a unha parte do Arquipélago Malaio.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O estreito esténdese ao longo dun eixo de orientación xeral suroeste/nordés. O seu largo mínimo é de 24 km entre o cabo Tua, en Sumatra, e o cabo Pujats, en Xava. Ten arredor de 30 km de largo no seu tramo máis estreito, no extremo nororiental, pero é unha sección curta de arredor de 30 km de longo, aínda que logo se abre ata os 100 km nun tramo doutros 100 km de longo.

O estreito está salpicado por unha serie de pequenas illas, incluídas Sangiang, Sebesi, Sebuku, Panaitan e as illas de Krakatoa: Krakatoa, Lang (Panjang ou Rakata Kecil), Verlaten (Sertung) e Anak Krakatoa. Moitas delas (incluídas Sebesi e Panaitan) son de orixe volcánica. Anak Krakatoa é produto da famosa erupción de 1883.

O estreito é profundo no seu extremo occidental, pero na súa parte oriental, a profundidade mínima é de 20 metros. De feito, non é un estreito fácil para a navegación marítima, con numerosos bancos de area, fortes correntes de marea e con moitas plataformas petroleiras nas proximidades de Xava.[1]

Segundo unha hipótese emitida polo arqueólogo Daid Keys e o xeólogo Ken Wohletz, o estreito conecta o mar de Xava co océano Índico dende o ano 535, debido a unha erupción do mesmo Krakatoa. Esta erupción deixaría unha caldeira de 50 km de diámetro, separando as illas de Xava e Sumatra.[2] Con todo, esta hipótese non ten o favor da maioría dos xeólogos e historiadores, que xeralmente consideran que o estreito de Sunda é moito máis antigo, debendo a súa existencia non a unha caldeira, senón ao graben.[3]

Mapa do estreito en 1729 por Pierre van der Aa

Foi durante séculos unha importante vía marítima, sobre todo cando a Compañía Holandesa das Indias Orientais facía pasar polas súas augas as súas mercadorías que proviñan das Molucas e ían cara a Europa ou á India, como porta de entrada ás illas das Especias (1602-1799). Como un dos principais pasos desde o mar da China Meridional ao océano Índico (sendo o outro o estreito de Malaca), o estreito de Sunda, a pesar dos perigos debidos á estreiteza e ás rocas, é moito máis curto có estreito de Malaca, e consecuentemente os barcos corrían menos riscos do ataque dos piratas.

As illas do estreito e as rexións das inmediacións que o rodean, en Xava e Sumatra, foron devastadas pola erupción do Krakatoa en 1883, debido principalmente á intensa caída de cinsas e pedra pómez e aos enormes tsunamis causados polo colapso do volcán. A erupción alterou drasticamente a topografía do estreito, con entre 18-21 km³ de ignimbrita que se depositaron nunha superficie de 1,1 millóns de km² ao redor do volcán. Algunhas zonas non foron nunca reocupadas de novo, como a rexión costeira de Xava incorporada no Parque Nacional de Ujung Kulon, pero a maior parte da costa está moi densamente poboada.

Hoxe en día, a angostura do estreito, a súa pouca profundidade e a falta de cartas mariñas fano inadecuado para moitos grandes buques modernos e foi relegado como ruta marítima en favor do estreito de Malaca, entre Sumatra e a península Malaia.[1]

A batalla do estreito de Sunda

[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 1942 librouse nas súas augas a batalla do Estreito de Sunda, parte da gran batalla do Mar de Xava, cando os cruceiros aliados HMAS Perth e USS Houston atoparon unha forza xaponesa de desembarco anfibio preto de Bantam, ao mando do almirante Kenzaburo Hara,[4] que incluía portaavións, tres cruceiros e dez destrutores.[5] Os cruceiros aliados foron afundidos, pero un dragaminas e un buque de transporte xaponeses tamén foron afundidos por fogo amigo.[1]

Proxecto dunha ponte

[editar | editar a fonte]

Na década de 1960 fixéronse propostas para construír unha ponte sobre o estreito de Sunda, e no decenio de 1990 xurdiron novas propostas. En outubro de 2007 anunciouse un novo plan que implicaría empregar as illas de Ular, Sangiang e Prajurit para crear unha ponte suspendida de catro partes, cunha lonxitude duns 26 km realizado a uns 70 metros sobre o nivel do mar e cun van máximo de 3 quilómetros, case un 50% máis longo que a Gran Ponte de Akashi Kaikyō.

  1. 1,0 1,1 1,2 Donald B. Freeman, The Straits of Malacca: Gateway Or Gauntlet?. McGill-Queen's Press, 2006.
  2. "Were the Dark Ages Triggered by Volcano.". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2003. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  3. [Ligazón morta]
  4. L, Klemen (1999–2000). "Rear-Admiral Kenzaburo Hara". Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941-1942. 
  5. Visser, Jan (1999–2000). "The Sunda Strait Battle". Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941-1942. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2014. Consultado o 03-07-2020.