Saltar ao contido

Etmoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óso etmoide na parte de diante da cara

O óso etmoide (os ethmoidale PNA) é un óso do cranio, curto e compacto, central, impar e simétrico composto por unha lámina vertical e media, unha lámina horizontal perpendicular á primeira e dúas masas laterais. É un óso de superficies moi anfractuosas e con numerosas cavidades (celas etmoidais).

Atópase na incisura etmoidal do óso frontal e diante do esfenoide. Articúlase con estes e cos palatinos por detrás, co óso nasal por diante, co maxilar superior e ungüe por fóra e co vómer por baixo.

Forma parte do chan da fosa cranial anterior e participa no macizo facial (cavidade nasal e órbitas).

Porción horizontal

[editar | editar a fonte]

Tamén denominada lámina cribosa do etmoide. É unha lámina cuadrangular con múltiples orificios para os nervios olfactorios. Na súa cara superior, na liña mediosaxital, presenta unha prominencia denominada Crista Galli.

Porción vertical

[editar | editar a fonte]
  • Apófise Crista Galli: situada por encima da lámina horizontal. A súa base descansa na lámina hoizontal. O seu vértice dá inserción á fouce do cerebro. O seu bordo anterior completa o burato cego
  • Lámina perpendicular do etmoide: sae da lámina cribosa cara a abaixo, formando a parte superior do tabique nasal.

Masas laterais

[editar | editar a fonte]

Tamén se coñecen como labirintos ou masas esponxosas. Conteñen as celas aéreas etmoidais que, segundo a súa localización, denomínanse anteriores, medias ou posteriores. Forman parte da parede medial das órbitas e das paredes laterais (externas) das fosas nasais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]