Etra (esposa de Falanto)
Pausanias[1] fala dunha Etra, esposa de Falanto de Esparta, que fundou a cidade de Tarento seguindo un oráculo que augurara que o fixera alí onde sentise unha chuvia baixo un ceo sereo.
Falanto non lle fixo moito caso e marchou coas súas naves a Italia. Despois de intentar infrutuosamente conquistar varias cidades en Italia sen conseguir a posesión de ningún territorio, Falanto lamentouse ante a súa esposa de que Apolo vaticinaba cousas imposibles, como chover nunha noite clara.
Nese momento, Etra tiña a cabeza de Falanto sobre os seus xeonllos para catarlle os piollos e choraba en silencio ó ver fracasar os intentos do seu home, e as bágoas caían sobre a cabeza deste. Foi entón cando Falanto comprendeu o oráculo, pois Etra significaba 'ceo sereo, bo tempo', e fundou Tarento nese lugar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pausanias X, 10. 6-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pausanias (2002). Descripción de Grecia (libros VII-X). Gredos. ISBN 8424926595. (en castelán)