Eucharia Oluchi Nwaichi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Estado de Abia, Nixeria ![]() |
Educación | University of Port Harcourt (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bioquímica, toxicóloga ![]() |
Período de actividade | 2003 ![]() |
Empregador | University of Port Harcourt (en) ![]() ![]() |
Membro de |
Eucharia Oluchi Nwaichi é unha bioquímica ambiental, científica do solo e toxicóloga nixeriana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa investigación céntrase na xestión de residuos, a prevención da contaminación e a fitorremediación, que implica o tratamento dos problemas ambientais (biorremediación) a través do uso de plantas locais que mitiguen o problema ambiental sen a necesidade de escavar o material contaminante e desfacerse del noutro lugar. É unha experta en eliminación de metais pesados tóxicos como o cadmio, cobre, mercurio, chumbo e o arsénico da terra contaminada.[1] É doutora en Bioquímica pola Universidade de Port Harcourt, onde é profesora titular.[2] Antes de unirse aos servizos da Universidade de Port Harcourt, traballou na compaía Dangote (2003-2004) e a Shell Petroleum Company de 2009 a 2010.[3][4][5][6]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]No ano 2013 foi recoñecida nos premios L'Oréal-UNESCO de Ciencias Físicas na categoría "Membros internacionais".[6]É membro de varias organizacións académicas, como a Organization for Women in Science for the Developing World (OWSD) , a American Chemical Association, a Sociedade Internacional para a Tecnoloxía Ambiental, e o Instituto Nixeriano de Administración.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eucharia Oluchi Nwaichi Port harcourt studies how to remove arsenic and copper from polluted soil". Star Africa. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Dr. Eucharia Oluchi Nwaichi - Department of Biochemistry" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ Bibliotheca Alexandrina Conference Center (ed.). "Scientific Innovation in the Developing World: From Theory to Practice" (PDF). TWAS/BVA.NXT 2012. Consultado o 3 abril de 2017.
- ↑ "Two Nigerian Scientists bag UNESCO LOreal 2013 award". Vanguard News. Consultado o 3 de abril de 2017.
- ↑ "Two Nigerian Scientists bag UNESCO LOreal 2013 award". Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Nigerian Shines UNESCO Science Laureate wins-$100,000-NAN". Consultado o 13 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nwaicha Eucharia Oluchi en The African Academy of Sciences (AAS) Arquivado 16 de marzo de 2022 en Wayback Machine.(en inglés)