Saltar ao contido

Eugène Olivier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugène Olivier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Eugène Victor Olivier Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
5º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1964 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
6º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, bibliophilia (en) Traducir e filatelia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónesgrimista, médico, coleccionista de arte, cirurxián, bibliófilo Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1908Xogos Olímpicos de 1908
1908fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGilbert Olivier Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Eugène Olivier, nado en París o 17 de setembro de 1881 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1964, foi un médico, tirador de esgrima, heraldista e filatelista francés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia que por tres xeracións viña practicando a medicina, realizou a carreira médica e aprendeu de Louis Ombrédanne as bases da cirurxía e da anestesia. Desde 1912 foi o xefe da clínica cirúrxica anexa á Facultade de medicina de París. A súa memoria de licenciatura foi Anatomie topographique et chirurgie du thymus (1913). Durante a primeira guerra mundial traballou no Centre de Fistuleux Osseux du Mont-des-Oiseaux de Hyères, e no Centre de rééducation et d’appareillage des Tirailleurs Marocains de San-Salvadour. Nomeado en 1919 Cabaleiro da Lexión de Honra a título militar.

Obtivo o título de doutor en ciencias e agregado da Facultade de Medicina de París en 1923 coa tese Les rapports entre la morphologie du thymus et sa vascularisation artérielle. De 1923 a 1926 exerceu en Lille e despois en París. Desde 1932 exerceu como profesor universitario como profesor de anatomía do Instituto de Educación Física da Universidade de París, estando á cabeza dos traballos anatómicos da Universidade desde 1939, ano no que tamén foi promovido a Oficial da Lexión de Honra. En 1942 asumiu a dirección do Instituto de Educación Física, e foi profesor de anatomía da Facultade de Medicina de 1946 a 1952. Foi presidente da Sociedade Francesa de Historia da Medicina, escribiu varias obras médicas de referenci, entre elas Traité d’Ostéologie humaine (1946) en colaboración con Dufour, Anatomie de la tête et du cou (1936), Anatomie de l’abdomen (1945) e Anatomie du Thorax (1946). Foi elixido membro libre da Académie de Chirurgie en 1953.

Actividade deportiva

[editar | editar a fonte]

Durante os seus estudos de medicina practicou a esgrima de forma intensiva, foi membro do equipo francés (1905-1913) e foi un dos fundadores e primeiro presidente do Paris Université Club en 1906. Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres onde logrou o ouro na proba de espada por equipos e o bronce no concurso individual. Derrotou o británico Robert Montgomerie, mais foi superado polos seus compatriotas Gaston Alibert e Alexandre Lippmann. Houbo participar nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo pero horas horas antes de comezar a competición, Francia retirouse da esgrima por discordancias coas regras aplicadas.

Coleccionismo

[editar | editar a fonte]

Interesado pola heráldica xuntou unha ampla colección de encadernacións heráldicas e libros de armas e brasóns escribindo un Manuel de l’amateur de reliures armoriées françaises en 30 volumes publicado entre 1924 e 1931 coa colaboración de Georges Hermal e R. de Roton. Asemade fíxose cunha colección de máis de vinte e cinco mil ex libris. Foi presidente da Société française d'héraldique et de sigillographie de 1944 a 1951.

Coleccionista de marcas postais e selos postais. Foi presidente da Académie de philatélie de 1957 a 1964, posto desde o que puxo en marcha a revista Documents Philatéliques. Foi tamén membro da comisión de consulta para a emisión de selos postais do Ministerio de Correos e Telecomunicacións. Foi Oficial do Mérito Postal.

Foi igualmente coleccionista de imaxes populares, autógrafos, bitolas de puros e outros papeis sen valor comercial, e foi presidente da Société du Vieux Papier de 1928 a 1962.