Eugenio López López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1921 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 20 de decembro de 1995 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
15 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 – Rafael Ruiz Gallardón → Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
15 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 – Rafael Ruiz Gallardón → | |
![]() | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
27 de febreiro de 1963 – 6 de xuño de 1964 ← Jesús López-Cancio Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Fiscal | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | fiscal, político ![]() |
Premios | |
![]() |
Eugenio Casimiro López López, nado en Ourense o 18 de setembro de 1921 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1995[1], foi un fiscal e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de orixe sarriá. Licenciado en Dereito. Pertenceu á carreira fiscal. Foi gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Cuenca. Delegado nacional de Xuventudes (1962), conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1963-1971) e director xeral de ensino primario (1968)[2]. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Toledo (1975)[3]. En 1988 foi nomeado tenente fiscal inspector da Fiscalía Xeral do Estado.[4]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e as grandes cruces do mérito militar, naval e aeronáutico.
Benfeitor do concello de Sarria
[editar | editar a fonte]Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e dunha Escola Fogar. Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.
Colexio en Cee
[editar | editar a fonte]O colexio público de Cee levou o seu nome ata o ano 2023, no que se cambiou polo de Colexio Público Plurilingüe Vila de Cee[5]
Rúas en Camariñas e Ortigueira
[editar | editar a fonte]En Camariñas[6] e Ortigueira[7] hai rúas co seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen Simón Albadalejo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ "Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ Noticia en ABC
- ↑ "Nomeamento no BOE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ CEIP Eugenio López
- ↑ Avenida de Eugenio López
- ↑ Rúa Eugenio López