Armadillo de seis bandas
Armadillo de seis bandas Euphractus sexcinctus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Euphractus sexcinctus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Euphractus sexcinctus
|
O armadillo de seis bandas[1] (Euphractus sexcinctus) é unha especie de mamífero placentario da orde do cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos, a única do xénero Euphractus.
É endémica da Arxentina, Bolivia, o Brasil, o Uruguai e Paraguai, contando tamén con poboacións illadas en Suriname. O seu corpo é usualmente de cor amarelada, ao que debe un dos seus nomes vulgares, armadillo amarelo (outro é armadillo de seis bandas), aínda que localmente se coñece tamén, nos países de fala castelá, como tatú poyú e tatú peludo.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O armadillo amarelo ocupa moitos hábitats de selvas e de pasteiros, principalmente de áreas abertas, como nas planicies do cerrado brasileiro.
Euphractus sexcinctus está presente nunha ampla zona de América do Sur, desde o sur de Suriname e o norte do Brasil, e en Bolivia, Paraguai, Uruguai, até o norte da Arxentina.[2] Non se encontra, porén, na provincia de Buenos Aires[3][4]
Durante máis de 20 anos pensouse que había unha poboación disxunta na fronteira entre o Brasil e Suriname.[5] Pero estudos recentes realizados no norte do Brasil confirman a presenza de Euphractus sexcinctus en Maranhão,[6] Amapá,[7] e noutras partes do norte do Brasil,[8][9] no noroeste,[10] e no centro e o leste de Pará.[11][12] A maioría destes rexistros encóntranse no cerrado e a sabana amazónica. A presenza desta especie no Perú debe ser confirmada. Habita desde o nivel do mar até polo menos os 1 600 m de altura.[13]
Historia natural
[editar | editar a fonte]É un mamífero solitario, terrestre e omnívoro, alimentándose dunha ampla gama de materias vexetais e animais.
Protéxese en covas. Ao contrario da maioría das especies de armadillos, é máis diúrno que nocturno.[14]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descricións
[editar | editar a fonte]O xénero Euphractus foi descrito en 1830 polo herpetólogo alemán Johann Georg Wagler, en Naturliches Syst. Amphibien: 36.[15]
A súa única especie, Euphractus sexcinctus, fora descrita en 1785 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, baiuxo o nome de Dasypus sexcinctus.[16]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben", e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",[17] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Xénero
O xénero Euphractus, ademais deste nome que lle adxudicou Wagler, coñeceuse tamén polos sinónimos:[15]
- Encoubertus McMurtrie, 1831
- Pseudotroctes Gloger, 1841
- Scleropleura Milne-Edwards, 1871
- Scelopleura Trouessart, 1898
- Especie
En canto á especie, ademais de polo nome Dasypus sexcinctus que lle dera Linneo, e do actualmente válido, tamén se coñeceu como:[16]
- Euphractus gilvipes Illiger, 1815
- Euphractus pilosus Olfers, 1818
- Euphractus gylvipes Minoprio, 1945
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense, dentro de Euphractus sexcinctus as catro subespecies seguintes:[16]
- Euphractus sexcinctus boliviae Thomas, 1907
- Euphractus sexcinctus flavimanus Desmarest, 1804
- Euphractus sexcinctus setosus Wied, 1826
- Euphractus sexcinctus tucumanus Thomas, 1907
Estado da poboación
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2006 e até a actualidade (2016), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status desta especie como NT (medianamente ameazada), debido á súa ampla distribución, suposta poboación grande, a que vive en numerosas áreas protexidas, á súa tolerancia a un certo grao de modificación do seus hábitats e porque é pouco probábel que estea declinando rapidamente a súa poboación como para cualificar o seu status nunha categoría ameazada. Porén, debido á pequena cantidade de áreas onde vive na sabana amazónica, a crecente ocupación humana e o avance das grandes empresas, as poboacións naturais ao norte do río Amazonas, na rexión norte do Brasil, deben ser controladas no futuro.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Armadillo de seis bandas en Vigozoo". Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ Redford, K. H. & Wetzel, R. M. (1985): "Euphractus sexcinctus". Mammalian Species 252: 1–4.
- ↑ Flores D. A.; Abba A. M. & R. M. Bárquez (2009): "Revisión del libro: Mammals of South America. Volume 1. Marsupials, Xenarthrans, Shrews, and Bats". Mastozoología Neotropical 16 (1): 271-276.
- ↑ Abba, A. M.; Tognelli, M. F.; Seitz, V. P.; Bender, J. B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
- ↑ Wetzel, R. M. (1982): "Systematics, distribution, ecology, and conservation of South American edentates". En: M. A. Mares & H. H. Genoways (eds.), Mammalian biology in South America, pp. 345-375. Pittsburgh, Philadelphia, USA: University of Pittsburgh.
- ↑ Silva Júnior, J. S.; Fernandes, M. E. B. & Cerqueira, R. (2001): "New records of the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae) in the state of Maranhão, Brazil". Edentata: 18-23.
- ↑ Silva Júnior, J. S. & Nunes, A. P. (2001): "Disjunct geographical distribution of the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae)". Edentata: 16-18.
- ↑ Silva Júnior, J. S.; Marques-Aguiar, S. A.; Aguiar, G. F. S.; Lima, E. M.; Saldanha, L. N. & Avelar, A. A. (2005): "Avaliação ecológica e seleção de áreas prioritárias à conservação de savanas amazônicas, Arquipélago do Marajó, Estado do Pará. Inventário de Mamíferos". Sumário Executivo (non publicado). Ministério do Meio Ambiente e Museu Paraense Emílio Goeldi, Belém, Pará, Brazil.
- ↑ Silva Júnior, J. S., Marques-Aguiar, S. A.; Aguiar, G. F. S.; Saldanha, L. N.; Avelar, A. A. e Lima, E. M. (2005): "Mastofauna não voadora das savanas do Marajó". En: Sociedade Brasileira de Zoologia (ed.), Congresso Brasileiro de Mastozoologia, pp. 131. Brasil.
- ↑ Oliveira, L. C., Mendel, S. M., Loretto, D., Silva Júnior, J. S. e Fernandes, G. W. (2006): "Edentates of the Saracá-Taquera National Forest, Pará, Brazil". Edentata 7: 3-7.
- ↑ Lima, E. M., Muniz, I. C. M., Ohana, J. A. B. & Silva Júnior, J. S. (2009): "Ocorrência de Euphractus sexcinctus (Xenarthra: Dasypodidae) na região do Médio Rio Amazonas". Edentata 8-10: 58-60.
- ↑ Andrade, F. A. G., de; Fernandes, M. E. B.; Barros, M. C. & Schneider, H. (2006): "A range extension for the yellow armadillo, Euphractus sexcinctus Linnaeus, 1758 (Xenarthra: Dasypodidae), in the eastern Brazilian Amazon". Edentata 7: 25-30.
- ↑ 13,0 13,1 Abba, A. M.; Lima, E. & Superina, M. (2014): Euphractus sexcinctus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 22 xaneiro de 2016.
- ↑ Bird, B. (1999): Euphractus sexcinctus (online), Animal Diversity Web. Consultada o 22 xaneiro de 2016.
- ↑ 15,0 15,1 Euphractus en MSW.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Euphractus sexcinctus en NSW.
- ↑ Euphractus Arquivado 28 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Armadillo de seis bandas |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Armadillo de seis bandas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Emmons, Louise H. & Francois Feer (1997): Neotropical Rainforest Mammals, A Field Guide, 2ª ed. Chicago: University of Chicago Press ISBN 0-226-20721-8.
- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Euphractus sexcinctus na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía (en inglés).
- Euphractus sexcinctus na EOL.