EuroGames
Tipo | evento deportivo recorrente ![]() |
---|---|
Localización e Datas | |
Vixencia | 1992 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | eglsf.info… ![]() |
Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en Europa[1] Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade.[2] En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros EuroGames celebráronse en 1992 na Haia. Celébranse anualmente, pero non cando coinciden cos Xogos Gais, que se celebran a cada catro anos. Polo conseguinte, non se disputaron EuroGames en 1994, 1998, 2002 e 2006. Tampouco se celebran cando os Outgames Mundiais se celebren en Europa, como acontecerá en Copenhaguen 2009. En 1999 a cidade designada foi Manchester, pero os xogos foron cancelados.
Edicións
[editar | editar a fonte]As edicións son de dous tipos, conforme o tamaño e as capacidades organizativas. Os anos olímpicos realízanse uns EuroGames de gran tamaño, mentres que no resto as competicións teñen unha limitación de participantes.[3]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Edición | Ano | Cidade | País | Participantes | Nº Países | Disciplinas deportivas | Fitos | Outras cidades candidatas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
I | 1992 | A Haia | ![]() |
300 | 5 | 4 | ||
II | 1993 | A Haia | ![]() |
540 | 8 | 6 | ||
III | 1995 | Frankfurt | ![]() |
2,000 | 13 | |||
IV | 1996 | Berlín | ![]() |
3,247 | 18 | 17 | ||
V | 1997 | París | ![]() |
2,000 | 18 | 17 | Bruxelas, Zürich | |
1999 | Manchester | ![]() |
0 | 0 | 0 | Cancelado | Colonia | |
VI | 2000 | Zürich | ![]() |
4,500 | 19 | Hamburgo | ||
VII | 2001 | Hannover | ![]() |
1,500 | 7 | Pequenos EuroGames | ||
VIII | 2003 | Copenhaguen | ![]() |
2,200 | 7 | Pequenos EuroGames | ||
IX | 2004 | Múnic | ![]() |
5,050 | 38 | 27 | Viena | |
X | 2005 | Utrecht | ![]() |
2855 | 44 | 9 | Pequenos EuroGames | |
XI | 2007 | Anveres | ![]() |
3,650 | 38 | 11+1 | Pequenos EuroGames | |
XII | 2008 | Barcelona | ![]() |
>5,000 | 40 | 25 | ||
XIII | 2011 | Rotterdam | ![]() |
26 | ||||
XIV | 2012 | Budapest | ![]() |
|||||
XV | 2015 | Estocolmo | ![]() |
4,465 | 71 | 28 | Grandes EuroGames | |
XVI | 2016 | Helsinqui | ![]() |
1400 | 40 | 14 | EuroGames | |
XVII | 2019 | Roma | ![]() |
|||||
XVIII | 2020 | Düsseldorf | ![]() |
|||||
XIX | 2021 | Copenhaguen | ![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hargreaves, Jennifer (2000). Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity. Routledge. ISBN 0-415-22849-2, p. 156.
- ↑ "History of EuroGames". Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ "Past and Future". Consultado o 19 de maio de 2018.