Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga
Aparencia
Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga |
Director | David Dobkin |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Atli Örvarsson |
Fotografía | Danny Cohen |
Montaxe | Greg Hayden |
Estudio | |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 26 de xuño de 2020 |
Duración | 123 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
https://www.netflix.com/it/title/80244088 | |
Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Dobkin e escrito por Will Ferrell e Andrew Steele. Está protagonizado por Ferrell e Rachel McAdams, e conta a historia de dous cantantes islandeses, Lars Erickssong e Sigrit Ericksdóttir, cuxo maior desexo é representar o seu país no Festival de Eurovisión. Pierce Brosnan, Dan Stevens e Demi Lovato aparecen nos papeis secundarios.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Will Ferrell como Lars Erickssong, un home de mediana idade con aspiracións de gañar o Festival de Eurovisión.
- Rachel McAdams como Sigrit Ericksdóttir, compañeira de banda de Lars e a súa mellor amiga dende hai moito tempo, que desexa unha relación romántica con el.
- Molly Sandén, canta todas as cancións de Sigrit Ericksdóttir, acreditadas como My Marianne.
- Dan Stevens como Alexander Lemtov, un cantante extravagante que representa a Rusia.
- Melissanthi Mahut como Mita Xenakis, contendente representante de Grecia.
- Mikael Persbrandt como Victor Karlosson, gobernador do Banco Central de Islandia, que non quere que Islandia gañe o concurso.
- Ólafur Darri Ólafsson como Neils Brongus, presidente de RÚV, un servizo de radiodifusión pública nacional de Islandia.
- Graham Norton como el mesmo, un comentarista de Eurovisión.
- Demi Lovato como Katiana Lindsdóttir, gañadora do Söngvakeppni Sjónvarpsins que despois more nun accidente marítimo.
- Pierce Brosnan como Erick Erickssong, o pai viúvo de Lars que sempre o desaproba.
- Joi Johannsson como Jorn, un membro do comité islandés de Eurovisión.
- Björn Hlynur Haraldsson como Arnar, un policía namorado de Sigrit.
- Jamie Demetriou como Kevin Swain, xefe do equipo creativo de Islandia.
- Jon Kortajarena como Corin Vladvitch, o condutor de Eurovisión.
- Elina Alminas como Sasha More, a condutora de Eurovisión.
- Alfrun Rose como Anna, un membro do comité islandés de Eurovisión.
- Elin Petersdóttir como Helka, nai de Sigrit.
- Christopher Jeffers como Johnny John John, un rapeiro representante de Suecia.
- Rebecca Harrod como Brittny, unha dos turistas estadounidenses.
- Josh Zaré como Bill, un dos turistas estadounidenses.
- Bobby Lockwood como Jeff, un dos turistas estadounidenses.
- Eleanor Williams como Jenn, unha dos turistas estadounidenses.
- Jóhannes Haukur Jóhannesson como Johans, un dos policías de Húsavík.
- Natasia Demetriou como Nina, un membro do equipo do concurso.
- William Lee Adams como el mesmo, un comentarista de Eurovisión.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga". Netflix. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ "Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga: A Guide to All Its Cameos and Homages". Vulture. Vox Media Network. Consultado o 2 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Categorías:
- Filmes de 2020
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por David Dobkin
- Filmes rodados en Israel
- Filmes rodados en Islandia
- Filmes rodados en Glasgow
- Filmes rodados en Edimburgo
- Filmes ambientados en Islandia
- Filmes ambientados en Edimburgo
- Filmes ambientados en 1974
- Filmes ambientados en 2020
- Filmes de comedia dos Estados Unidos de América
- Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19