Eusebio González Pedreira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 ![]() Mosende, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Cronoloxía | |
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946 | evasión do Santa Teresa ![]() |
![]() ![]() |
Eusebio González Pedreira, nado en Mosende (O Vicedo) en 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afiliado ao sindicato CNT de Viveiro. En marzo de 1937 botouse ao monte cando foi chamado a filas no exército franquista.[1] Xulgado por deserción e rebelión, foi declarado fuxido e en rebeldía. Integrouse no grupo Neira capitaneado por José Neira Fernández. En 1942 sumouse á disciplina do Partido Comunista. Pasou despois a integrarse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Javier Rivera (29 de novembro de 2010). "Seis veciños de Mosende fuximos ó monte cando nos chamaron a filas". El Progreso.
- ↑ Javier Rivera (28 de novembro de 2010). "O último sobrevivente dos escapados de Lugo". El Progreso.