Saltar ao contido

Eusebio Valdés Pastor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEusebio Valdés Pastor
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor en Wikidata
Castrogonzalo, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Alcalde de Viveiro
1943 – 1950
← Francisco Aparicio GarcíaAlberto Michelena Rebellón → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata

Eusebio Valdés Pastor, nado en Castrogonzalo (provincia de Zamora) en 1919 finado en Madrid o 13 de novembro de 2007, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun garda civil, chegou a Viveiro na infancia co traslado do seu pai. Tenente mutilado da División Azul, foi xefe da Falange de Viveiro.[1] Foi nomeado alcalde de Viveiro o 29 de marzo de 1943, permanecendo no cargo atá o 22 de decembro de 1950. Foi elixido procurador en Cortes como representante dos concellos de Lugo en maio de 1946, permanecendo no cargo até abril de 1952. Finou en Madrid o 13 de novembro de 2007.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Viveiro con Laura Moreiras Mendizabal en 1943,[3] e foi pai de José Javier Valdés Moreiras.

  1. El Progreso, 14-2-1943, p. 3.
  2. "Falleció Eusebio Pastor, alcalde de Viveiro tras la guerra". La Voz de Galicia (en castelán). 14/11/2007. 
  3. El Progreso, 3-7-1943, p. 2.
Predecesor:
Francisco Aparicio García
 
Alcalde de Viveiro
 
1943 - 1950
Sucesor:
Alberto Michelena Rebellón