Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.

Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, S.A. é unha sociedade pública do Goberno Vasco creada en 1982[1] para operar as liñas de ferrocarril de vía normal dentro da Comunidade Autónoma do País Vasco, acorde coas competencias do Estatuto de Autonomía do País Vasco.[2]
As marcas
[editar | editar a fonte]Desde a década de 1990, o operador adopta o nome comercial EuskoTren,[3] e a partir de 2011 engloba todos os seus servizos baixo o logotipo aglutinador euskotren.[4]
A empresa opera diferentes servizos de transporte baixo as marcas Euskotren Trena, Euskotren Tranbia, Euskotren Autobusa e Euskotren Kargo.[5]
Euskotren Trena
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Euskotren Trena.
EuskoTren foi, ata abril de 2012, a marca comercial con que se coñece aos servizos ferroviarios de pasaxeiros. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTren pasa a denominarse oficialmente Euskotren Trena.
Liñas operadas por Euskotren Trena
[editar | editar a fonte]1D | Atxuri-Bilbao - Ermua | Durangaldea |
1K | Ermua - Amara-Donostia | Kostaldea |
1T | Ermua - Azitain-Éibar | Tranbia |
2 | Lasarte Oria - Hendaia | Topo / metro donostialdea |
3 | Atxuri-Bilbao - Bermeo | Urdaibai |
4 | Zazpi Kaleak-Bilbao - Lezama | Txorierri |
5 | Escontrilla - Larreineta | Funicular |
6 | Lasao - Azpeitia | Tren de Vapor |
L3 | Etxebarri-Norte - Matiko | Liña 3 de Metro Bilbao (en construción) |
L3» | Matiko - Aireportua | Conexión ferroviaria co Aeroporto de Bilbao (en construción) |
Euskotren Tranbia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Euskotren Tranbia.
EuskoTran foi a marca comercial dada aos servizos de tranvías de Euskadi. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTran pasa a denominarse oficialmente Euskotren Tranbia.
A implantación das novas marcas de Euskotren comezou con Euskotren Tranbia en Bilbao, aproveitando a ampliación da liña de tranvía que entrou en servizo o 25 de abril de 2012. Coa posta en marcha do novo tramo, levouse a cabo a actualización do material gráfico de información aos viaxeiros, utilizando xa a nova marca.[6]

Liñas operadas por Euskotren Tranbia
[editar | editar a fonte]Atxuri - La Casilla | Tranvía de Bilbao |
Angulema - Ibaiondo | Tranvía de Vitoria |
Angulema - Abetxuko | Tranvía de Vitoria |
Leioa - UPV/EHU | Tranvía de Leioa (en construción) |
Euskotren Kargo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Euskotren Kargo.
EuskoKargo foi, desde 2007, a marca comercial destinada ao transporte de mercancías polas liñas ferroviarias vascas.[7] En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoKargo pasa a denominarse oficialmente Euskotren Kargo.

Euskotren Autobusa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Euskotren Autobusa.
Euskotren opera liñas de autobús interurbanas en Biscaia (integradas no servizo de Bizkaibus da Deputación Foral de Biscaia), e en Guipúscoa (integradas no servizo de Lurraldebus da Deputación Foral de Guipúscoa).
Liñas de Euskotren en Bizkaibus
[editar | editar a fonte]- Subcomarca de Marxe Dereita
- A3411 Bilbao - Getxo
- A3413 Bilbao - Getxo - Azkorri
- A3414 Bilbao - Getxo (Por túneles de Archanda)
- A3422 Las Arenas - Berango
- A3451 Las Arenas - Plentzia - Armintza
- A3471 Getxo - Gurutzeta/Cruces por Fadura
- A3472 Puente Colgante/Bizkaia Zubia - Gurutzeta/Cruces
- Subcomarca de Marxe Esquerda
- A2315 Santurtzi - Portugalete- UPV/EHU
- A2316 Sestao - UPV/EHU
- A2326 Cruces/Gurutzeta - Barakaldo - UPV/EHU
- A2336 Muskiz - UPV/EHU
Liñas de Euskotren en Lurraldebus
[editar | editar a fonte]- Comarca de Urola Kosta
- Zumaia - Hospital de Zumárraga
- Azkoitia - Tolosa
- Azkoitia - Zarautz
- Zumaia - Zarautz - Donostia/San Sebastián
- Orio - Aia
- Deba - Itziar
- Comarca do Bajo Deba
- Mallabia - Ondarroa - Deba (Itziar)
- Azpeitia - Ermua
- Soraluze - Hospital de Mendaro
- Éibar - Elgeta
- Éibar - Arrate
- Éibar - Elgoibar Express
- A liña Azitain - Amaña non está integrada en Lurraldebus. Corresponde a Udalbus, a empresa de transportes urbanos de Éibar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boletín Oficial del País Vasco http://www.garraioak.ejgv.euskadi.net/bopv2/datos/2007/04/0701990a.pdf
- ↑ Estatuto de Autonomía do País Vasco - Artículo 10.32 http://www.parlamento.euskadi.net/pdfdocs/c_estatuto.pdf Arquivado 07 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Historia de EuskoTren http://www.euskotren.es/es/euskotren/historia Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Logotipo aglutinador - http://www.tellevamosdentro.info/logo_aglutinador.php?idioma=1 Arquivado 08 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Euskotren redeseña a súa imaxe para reforzar a súa identidade como operador integral de transporte http://www.euskotren.es/es/node/1691
- ↑ Euskotren, nova imaxe | Implantación http://www.zurebideberean.info/implantacion.php?idioma=1[Ligazón morta]
- ↑ Información Corporativa EuskoKargo http://www.euskotren.es/es/servicios/euskokargo Arquivado 10 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A. |
- Sitio web de Euskotren (en castelán)
- Sitio web de Bizkaibus Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
- Sitio web de Lurraldebus Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en éuscaro)
- Euskal Trenbide Sarea (en castelán)