Saltar ao contido

Eusuquios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eusuchia»)
Eusuquios
Rango fósil: Cretáceo temperán - Actual
(desde hai 130 millóns de anos)

Tres especies de eusuquios vivos: gavial (esquerda), aligátor do Mississippi (centro) e crocodilo americano (deeita).
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
(sen clasif.): Neosuchia (clado)
(sen clasif.): Eusuchia (clado)
Subgrupos

Os eusuquios (Eusuchia), que significa 'verdadeiros crocodilos', son un clado de réptiles crocodilomorfos que apareceron no Cretáceo temperán co xénero Hylaeochampsa.[1] Xunto cos Dyrosauridae e Sebecosuchia, son os únicos crocodiliformes que sobreviviron á extinción do Cretáceo-Paleoxeno. Dado que os outros dous clados se extinguiron hai entre 35 e 11 millóns de anos, todas as especies de crocodilianos son eusuquios, como tamén moitas formas extintas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A diferenza dos primitivos crocodilomorfos, os crocodiliformes teñen padais secundarios óseos. Esta característica permitiulles aos crocodilos vivos respirar con seguridade polos seus orificios nasais mentres que o resto da cabeza (boca incluída) permanece mergullada. Esta estrutura alcanza a maior elaboración nos eusuquios, nos cales as narinas internas están completamente rodeadas polos ósos pterigoides.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Velaqui un cladograma segundo Holliday e Gardner, 2012:[2]

Eusuchia

Isisfordia

Hylaeochampsa

Aegyptosuchidae

Crocodylia

Borealosuchus

Gavialoidea

Brevirostres (aligátores e crocodilos)

A continuación outro cladograma segundo Puértolas, Canudo e Cruzado-Caballero, 2011:[3]

Eusuchia

Isisfordia

Hylaeochampsa

Crocodylia

Borealosuchus

Gavialoidea

Allodaposuchus

Pristichampsus

Brevirostres (aligátores e crocodilos)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.