Eva García de la Torre
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 ![]() Sevilla, España ![]() |
Morte | 27 de xaneiro de 2022 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | infarto ![]() |
![]() | |
2015 – decembro de 2021 (dimisión) ← Nelson Santos Argibay – Alejandro Lorenzo Alonso → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política ![]() |
Eva García de la Torre, nada en Sevilla en 1962 e finada en Vigo o 27 de xaneiro de 2022[1], foi unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu como avogada no Porriño. Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira do Porriño polo PSdeG-PSOE ó sela número 2 da candidatura encabezada por Iván Vaqueiro Grandín. Nas eleccións xerais de 2011 foi a número 4 do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra[3] sen resultar electa. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa co apoio de UDDL, BNG e EU-Son[4], gobernando en coalición con UDDL ata a súa expulsión en febreiro de 2019. Os comicios de 2019 viron unha repetición dos resultados, cunha vitoria do Partido Popular insuficiente e un acordo de goberno de todos os demais partidos para formaren goberno, polo que Eva García seguiu a ser a alcaldesa, nesta ocasión formando goberno co BNG.
Porén, a finais de 2021 a situación política do concello do Porriño estaba moi deteriorada. A perda de confianza dos seus socios de investidura de EU-Son e os ruxerruxes dunha moción de censura de esquerdistas e conservadores levaron a García de la Torre a presentar a súa dimisión no mes de novembro[5]. Finou dun infarto dous meses despois[6].
Predecesor: Nelson Santos Argibay |
![]() Alcaldesa do Porriño 2015 - 2021 |
Sucesor: Alejandro Lorenzo Alonso |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Unha das razóns que sinalou como causantes do seu constante sinalamento como alcaldesa foi a súa orientación sexual.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece la exalcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ Montse Fajardo (22 de novembro de 2024). "Eva García de la Torre: da 'Casa Cuna de Sevilla' á Alcaldía do Porriño". Nós Diario.
- ↑ "Eva García de la Torre, número 4 del PSOE por Pontevedra". Atlántico Diario. 26 de setembro de 2011.
- ↑ "Eva García de la Torre se convierte en alcaldesa de Porriño con el apoyo de UDDL, BNG y EU". Faro de Vigo. 13 de xuño de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 Bernárdez, Judit (2021-11-23). "La ya exalcaldesa de O Porriño: "Me han machacado por ser mujer, por mi peso, apariencia y orientación sexual"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-23.
- ↑ redacción (2022-01-27). "Falece tras sufrir un infarto a exalcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre". Xornal de Vigo. Consultado o 2022-01-27.