Eva Méndez doRoxo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora ![]() |
Eva Méndez Díaz, coñecida como Eva Méndez doRoxo, nada en Barcelona en 1978, é unha escritora en linguas galega e catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de emigrantes galegos de Navia de Suarna. É economista, pola Universidade de Barcelona, especializada en construción. Traballou nunha promotora en Barcelona.[1]
É unha artista multidisciplinar, autodidacta e con formación específica en Enquadernació pola Escola Massana e tamén cursou estudos artísticos na Llotja. Amais formouse e colaborou con varios artistas en Cataluña e Galiza.
Formou parte da compañía teatral Furafollas Agrupación Teatral, que fai montaxes teatrais en galego e catalán dende 1994 por toda Cataluña.
Participou na Setmana de Poesía de Barcelona con dous espectáculos poéticos na Galería La Xina Art.
Actualmente reside na Galiza.
Obra
[editar | editar a fonte]- Embernallúas (Editorial Urutau 2019)
- As sete idades. Incomunidade (Portugal, 2008)
- Éroticas e Trazos de Muller (libro de artista de gravados e poemas)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015), libro electrónico.
- Dez anos na Porta (Porta Verde)
- Munditações (Incomunidade)
- Manuel María. Libro Colectivo de Homenaxe (Deputación de Lugo, 2017)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil da autora, na páxina do IV certame de poesía erótica Illas Sisargas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en As escollas electivas
- Entrevista coa autora no xornal dixital Vieiros o 10 de xaneiro de 2008.