Eva Solla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eva Solla Fernández 1984 (40/41 anos) Vigo, España |
Coordinadora nacional de Esquerda Unida | |
3 de xuño de 2017 – ← Yolanda Díaz | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
21 de outubro de 2016 – | |
Q81278750 | |
4 de outubro de 2014 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | enfermeira, política |
Partido político | Izquierda Unida |
Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.
É militante de Esquerda Unida[1] e do Partido Comunista de Galicia[2]. Foi deputada de En Marea no Parlamento de Galicia [3] e, dende 2016, Vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia. Posteriormente, foi deputada do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, constituído en setembro de 2019[4] .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, e de secundaria no IES Santa Irene. Diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria do Meixoeiro. Traballou como enfermeira no Servizo Galego de Saúde.
É responsable da Secretaría de Organización de Esquerda Unida na Comarca de Vigo. En 2012 foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. O 4 de outubro de 2014 foi elixida Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia (a primeira muller na historia do PCG en dito cargo) no XIII Congreso do PCG co 95% dos votos dos delegados.[2]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea. Dende o 21 de outubro de 2016 é Vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia.[3]
O 3 de xuño de 2017 foi elixida Coordinadora Nacional de Esquerda Unida na XII Asemblea Nacional de EU co 100% dos votos emitidos,[5] relevando así a Yolanda Díaz tras 12 anos no cargo. En dita Asemblea acordáronse unha serie de resolucións que representan a "esencia" do ideario de Esquerda Unida como organización que "defende a clase traballadora mediante a aplicación de políticas de esquerda, rompedora e transformadora". Solla declarou apostar por recuperar o traballo de rúa, nos movementos sociais e co resto de colectivos agredidos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Eva Solla, nueva coordinadora nacional de Esquerda Unida, aboga por "recuperar el trabajo de calle" (en castelán). 3 de xuño de 2017. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Eva Solla, nova secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia". Galicia Confidencial. 5 de outubro de 2014. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "A nova oposición galega pecha o primeiro acordo da lexislatura". Praza.gal. 19 de outubro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ Galicia, Parlamento de. "Composición: Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 2020-02-24.
- ↑ "Eva Solla, nueva coordinadora nacional de Esquerda Unida, aboga por "recuperar el trabajo de calle"". Consultado o 04/06/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Solla |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.