Saltar ao contido

Evasión da motora San Adrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A evasión da motora San Adrián foi a fuxida de republicanos galegos desde Malpica de Bergantiños en agosto de 1938 rumbo a Audierne, no departamento de Finistère, Bretaña francesa.

O 13 de agosto de 1938, coincidindo coas festas da vila, produciuse a saída deste Malpica, capitaneada por Francisco Fariña Chouciño. Partiu con 26 pasaxeiros a bordo, entre os que se atopaban o exalcalde José Sande Lois e varios sindicalistas que levaban máis dun ano agachados: Celestino Garrido Garrido, Luís Garrido Carrillo e Manuel Alfeirán Carrillo. Tamén fuxiron Miguel Garrido Blanco, Jesús Garrido Garrido, Pedro Garrido Varela, Benigno Novo Alfeirán, Jesús Castro Amigo, José Castro Amigo, Luciano Rodríguez Alfeirán, Luís Rodríguez Villar, Manuel Rodríguez Verdes, Manuel Villar Novo e Cándido Carrillo Cousillas.

Á altura do golfo de Biscaia un temporal fixo que case perdesen o rumbo. Ao cabo de día e medio atoparon o mercante Ciudad de Panamá que lles ofreceu pan e latas de conserva. Despois atoparon un bou alemán que lles deu unha carta de navegación. Ao cabo de tres días de travesía arribaron a vinte millas á esquerda de Brest, case no canal da Mancha. Seguiron un mercante e cando estaban cerca apareceu o bote dos carabineiros que os levou ante as autoridades do porto. Déronlles a escoller: regresar a Malpica ou pasar a zona leal. Catro homes optaron por volver a casa e o resto marchou a Barcelona.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]