Evdokia Uralova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1902 (Xuliano) Sakalyanka, Rusia (en) |
Morte | 17 de maio de 1985 (82 anos) Minsk, Belarús |
1ª Minister of Public Education of the BSSR (en) | |
26 de marzo de 1946 – 1947 – Mikhail Zimyanin (en) → | |
List of members of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR (1955–1959) (en) | |
Member of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR of the 1st convocation (en) | |
List of members of the Supreme Soviet of the Byelorussian SSR (1951–1954) (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Participou en | |
10 de marzo de 1939 | 18th Congress of the All-Union Communist Party (en) |
Premios | |
Evdokia Uralova, nada en Sokolyanka o 22 de agosto de 1902 e finada en Minsk o 17 de maio de 1985, foi unha política e diplomática soviética da República Socialista Soviética de Belarús activa na política internacional na década de 1940, defensora dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1946 foi unha das asinantes da Carta aberta ás mulleres do mundo presentada e lida por Eleanor Roosevelt na 29 sesión plenaria da Asemblea Xeral de Nacións Unidas celebrada en Londres o 12 de febreiro de 1946.[1]
En 1947 foi membro fundadora e relatora da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ante a Comisión de Dereitos Humanos. onde defendeu con firmeza a igualdade de salario para as mulleres. Grazas a ela, o Artigo 23 afirma o seguinte: «Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo». Ademais, xunto con Fryderyk Kalinowski, de Polonia, e Elizavieta Popova, da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, puxo de relevo os dereitos das persoas que viven en territorios non autónomos tal como establece o Artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: «non se fará ningunha distinción baseada no estatuto político, xurídico ou internacional do país ou do territorio ao cal pertenza unha persoa, tanto se é independente coma se está baixo administración fiduciaria, se non é autónomo, ou está baixo calquera outra limitación de soberanía».[2]
En febreiro de 1948 visitou Estados Unidos como ministra do seu país.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Grabación de la rueda de prensa en Londres de la Presentación de la Carta». 1946.
- ↑ libertades, Derechos y. "De "todos los hombres" a "todos los seres humanos": las mujeres que dejaron huella en la Declaración Universal de Derechos Humanos" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2020.
- ↑ "Mrs. Gromyko and Russian Consular Oficcials Visit Stanford's Slavic Languages Department". 5 de febreiro de 1948. Consultado o 15 de maio de 2020.