Ex professo
Aparencia
Ex professo[1] ou ex profeso[2] (en latín: ex professo) é unha locución latina que significa literalmente "de propósito, con intención". Emprégase para expresar que se fixo unha cousa intencionadamente.
Exemplos de uso
[editar | editar a fonte]As pistolas coas que os tiñan que fusilar eran de D. Andrés Borrego, armas construídas ex profeso para lances de honorBenito Pérez Galdós, De Oñate a la Granja (1876).[3]
O vello Petrus estaba de pé no centro, ergueito, deixando que as súas patillas pasaran do gris ó branco, non sonrinte, pero mostrando ex profeso e con paciencia que era capaz de sorrir
Kress pechou a porta e selouna ás présas coas táboas, valéndose do martelo pneumático que deixara alí ex professo.George R. R. Martin, "Os reis da area" (1979)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ex_professo.
- ↑ Entrada no Gran Dicionario Xerais da Lingua. Vigo. 2009. Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Benito Pérez Galdós: De Oñate a la Granja, Universidade de Alacant (Alacant), 2003.
- ↑ Juan Carlos Onetti: El astillero. Editor: Juan Manuel García Ramos. Madrid: Cátedra, 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine.