Saltar ao contido

Experimento BOOMERanG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Globo listo para o seu lanzamento dende a Antártida, ao fondo o Monte Erebus.

O experimento BOOMERanG (acrónimo en inglés de Balloon Observations Of Millimetric Extragalactic Radiation ANd Geophysics, "Observacións en globo da radiación milimétrica extragaláctica e xeofísicas") consistiu en elevar en globo aerostático un telescopio[1] (cunha micromalla de 18 bolómetros) por riba das capas máis baixas da atmosfera terrestre para poder captar o fondo cósmico de microondas. O globo permaneceu suspendido a 37 quilómetros de altura, durante os dez días e medio que durou o experimento (a finais de 1998) aproveitando as correntes adiabáticas da Antártida.

Mediuse o fondo cósmico de microondas correspondente a uns 300.000 anos despois do big-bang. Os resultados fixéronse públicos na revista Nature, que publicou un artigo titulado: "Un Universo plano consonte os mapas de alta resolución da radiación do fondo cósmico de microondas"[2].

Instrumentación

[editar | editar a fonte]

Consistía nun globo aerostático de helio cun volume de 800.000 metros cúbicos, que portaba un telescopio de infravermello de dúas toneladas de peso. O telescopio consistía nun espello de 1,2 metros de diámetro que dirixía a luz reflectida ata unha malla de detectores bolométricos de polarización deseñados no laboratorio de Microdevices do JPL., cunha sensibilidade de 100 millonésimas de grao Celsius (equivalente a captar dende a Terra a calor desprendida por unha cafeteira situada na Lúa[3]), ou 300 millonésimas de Kelvin, que estaban arrefriados a ultrabaixas temperaturas para garantir a estabilidade da medición (os detectores tiñan que estar a unha temperatura por debaixo das 100 millonésimas de graos Celsius mediante refrixeración crioxénica).

Resultados

[editar | editar a fonte]
CMB medido polo experimento BOOMERanG.

Xunto con outros experimentos, ao determinar o carácter plano da xeometría do Universo é unha das probas da existencia da Enerxía escura[4]. As imaxes cobren o 3% do ceo.

  1. Elementos do telescopio
  2. "A flat Universe from high-resolution maps of the cosmic microwave background radiation"; Nature, número 404, páx. 955-959 (27 de abril de 2000).
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2010. Consultado o 06 de marzo de 2011. 
  4. ftp://ftp.hq.nasa.gov/pub/pao/pressrel/2000/00-067.txt[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]